Inauguramos o ano lectivo 2021/2022 dos ciclos plurilingües SMR e ASIR, desenvolvendo a actividade "Edulingüe en Formación Profesional" dirixida ás familias do alumnado.
Foi presentada polo coordinador PluriFP Marcos Vence e a xefa de estudos Cristina Seoane, e contou coa participación de Marcos Arias, Cristina Puga, nais, pais e alumnado...
Inicio e horario do curso de especialización de Ciberseguridade en contornos de tecnoloxías da información
O inicio do curso de especialización de Ciberseguridade en contornos de tecnoloxías da información será o martes 2 de novembro do 2021.
A continuación tedes un enlace ao horario Curso E. Ciberseguridade
Galiciaskills 2021
O día 8 de outubro de 2021 celebráronse no IES San Clemente as dúas competicións do 6º Campionato Galego de Formación Profesional - GaliciaSkills 2021 correspondentes á familia profesional de Informática e Comunicacións. Os participantes en cada unha delas foron os seguintes:
Administración de sistemas en rede
Presidente: Víctor Manuel Martínez...
O IES San Clemente acada un ouro no GaliciaSkills 2021
Alumnos do IES San Clemente participaron no GaliciaSkills 2021 correspondentes á familia profesional de Informática e Comunicacións que se celebraron o pasado día 8 de outubro.
Santiago Andrade Ferreiro quedou en 1ª posición na competición de Desenvolvemento web, e participará no SpainSkills 2021 que se celebrarán proximamente en Madrid.
Por outro...
Difusión: Conferência da Comissão Temática da CPLP
A Associação de Docentes em Português da Galiza publicou este artigo onde falan da materia Potugués 2LE no Bacharelato a Distancia do IES San Clemente:
https://www.dpgaliza.org/portugues-multilinguismo-e-ensino-a-distanciaconferencia-da-comissao-tematica-da-cplp
Prácticas no estranxeiro – 2022
O IES San Clemente oferta prazas para realizar estudos e prácticas no estranxeiro, subvencionadas polo programa Erasmus+:
Módulo de FCT.
Prácticas extra curriculares (antes de finalizar o ciclo, xeralmente durante o verán).
Mobilidade combinada de estudos e prácticas (só para SMR).
Prácticas de recén titulado (durante un ano e...
Biblioteca PluriFP – 2021/2022
Tedes ao voso dispor o catálogo de libros en portugués, inglés e francés de PluriFP. Podedes consultalo nese link se tedes unha conta @iessanclemente.net, en caso contrario podedes ver os libros dispoñibles nos estantes do corredor, ao lado da aula 23.
Se queredes levar algún libro, pedídelle a un/unha profe...
LMF: Podcast lusófono
Durante o ano lectivo 2021/2022 vamos traballar no proxecto eTwinning LusoMicroFonia, creando un podcast en portugués entre o alumnado dos ciclos plurilingües do IES San Clemente (1SMR, 2SMR e 1ASIR), o AE Carlos Amarante de Braga e o Centro Paula Souza de São Paulo.
A proposta está aberta á participación...
Cualificacións provisionais proba libre da ESO setembro 2021
Hoxe, día 16 de setembro, publícanse as cualificacións provisionais da proba libre da ESO da convocatoria de setembro de 2021.
Proba libre da ESO
Acceso directo ao arquivo coas cualificacións
Inicio do curso 2021-2022: Presentacións e normas preventivas
Normas preventivas obrigatorias para a asistencia á xornada de presentación
O alumnado NON acudirá ao centro se presenta síntomas compatibles co covid-19.
O alumnado deberá asistir á xornada de presentación sen acompañante, na hora indicada, e observando as seguintes medidas:
É obrigatorio o uso de máscara en todo momento.
Na entrada...
Enlaces Rápidos




