O día 22 de outubro celebrouse no IES San Clemente unha xornada de difusión do programa Erasmus+, co obxectivo de informar o alumnado dos ciclos medios e superiores sobre as oportunidades que ofrece este programa. A sesión foi impartida polo coordinador, Mariano Sánchez Martín.
Durante a xornada, os estudantes Lía Santomil Rodríguez e Marcos Novío París compartiron as súas experiencias realizando prácticas no estranxeiro ao abeiro do programa Erasmus+. Ao longo das súas intervencións, abordaron cuestións como o aloxamento, a adaptación cultural e os retos aos que tiveron que facer fronte durante a súa estadía.
A actividade resultou moi enriquecedora, xa que permitiu ás persoas asistentes resolver dúbidas, coñecer de primeira man as experiencias dos seus compañeiros e achegarse ás oportunidades de formación e aprendizaxe que ofrece o programa Erasmus+.






