Cursos CISCO na Aula Mentor Xaneiro 2026
Convocatoria cursos CISCO CCNA e CyberOps
!! PRAZO DE MATRICULACIÓN ABERTO !!
Informámosvos que está aberto o período de matriculación nos cursos oficiais de CISCO:
CCNA 7 y CyberOps Associate ata o próximo 6 de febreiro do 2026
English for IT 1 y 2 ata o próximo 13 de febreiro do 2026
Comezo dos cursos: 6 e 9 de febreiro, respectivamente
Os cursos que se ofertan son os seguintes:
- CCNA v7: Certificación Académica CISCO en redes de computadores. Dita certificación na versión 7 consta de 3 módulos, tendo cada módulo unha duración de 5 meses. Á súa vez, os alumnos que desexen completar cada módulo deberán manter activa a súa matrícula durante os cinco meses sinalados. Para poder cursar o módulo 2 é necesario ter previamente o módulo 1 e para poder cursar o módulo 3 é necesario ter previamente o módulo 2 cursado.
- Módulo 1 CCNA v7: O obxectivo do curso é presentar os conceptos e tecnoloxías básicas de rede, desenvolvendo competencias necesarias para planificar e implementar redes pequenas. Descargue o programa do CCNA7 módulo 1 aquí. Duración de 5 meses.
- Módulo 2 CCNA v7: Neste curso veranse os conceptos básicos de conmutación e encamiñamento dunha rede; axudando a planificar e implementar pequenas redes, incorporando unha gran variedade de aplicacións. Descargue o programa do CCNA7 módulo 2 aquí. Duración de 5 meses.
- Módulo 3 CCNA v7: O obxectivo deste curso é presentar os conceptos e tecnoloxías básicas de redes; axudando a desenvolver as aptitudes necesarias para planificar e implementar redes pequenas. Descargue o programa do CCNA7 módulo 3 aquí. Duración de 5 meses.
- CCNA CyberOps Associate: O curso formará aos alumnos en destrezas para coñecer as vulnerabilidades que se producen en Ciberseguridade, os sistemas operativos que utilizan; detectar os tipos de ataque, os métodos que utilizan; protexer os datos persoais, os corporativos, todas as infraestruturas, etc. É recomendable que o alumnado teña coñecementos básicos dos sistemas operativos Linux e Windows, coñecemento de redes equivalente aos módulos 1 e 2 de CCNA. Descargue o programa de CyberOps Associate aquí. Duración de 5 meses.
- English for IT 1: Este es el primero de dos cursos que, en conjunto, enseñan inglés en el contexto de las TI. El curso se centra en la terminología y las frases utilizadas en el sector, abarcando gramática, vocabulario, ejercicios de lectura y comprensión auditiva para que adquieras las habilidades de inglés necesarias en el ámbito de las TI.
- English for IT 2. Está diseñado para estudiantes con un nivel de inglés intermedio-alto (B1+) que estén preparados para temas y escenarios profesionales más complejos en el mundo tecnológico. Quizás te sientas cómodo participando en reuniones o escribiendo correos electrónicos de trabajo, pero te resulte difícil explicar soluciones técnicas en detalle, comprender plenamente debates dinámicos sobre nuevos proyectos de TI o participar en la resolución de problemas de alto nivel. Este curso te ayuda a desarrollar el lenguaje avanzado necesario para estas situaciones, centrándote en temas de TI del mundo real y en tu crecimiento profesional
PRAZOS DE MATRICULACIÓN: (por riguroso orden de inscrición ata esgotar prazas)
- MATRICULACIÓN: ata o 6 e o 13 de febreiro de 2026.
- COMEZO DOS CURSOS: 6 e 9 de febreiro do 2026.
PROCEDEMENTO DE MATRICULACIÓN: os cursos CISCO ofertados dentro do programa Mentor, conlevan o mesmo custo mensual que o resto dos cursos, pero neste caso seguen unha planificación establecida cunha duración de 5 meses os cursos CCNAv7, CCNA CyberOps Associate, o que conleva un prezo pechado dos mesmos de 120€.
No devandito prezo está incluída a posibilidade de obter a certificación oficial do curso correspondente, realizando o exame presencial no IES San Clemente.
Hai 2 opcións de pago á hora de facer a matrícula:
A. Pago único coa totalidade do prezo de cada curso:
- CCNA:
- Módulo 1 CCNA v7: 120€ (duración 5 meses)
- Módulo 2 CCNA v7: 120€ (duración 5 meses)
- Módulo 3 CCNA v7: 120€ (duración 5 meses)
- CyberOps Associate: 120€ (duración 5 meses)
- English for IT 1: 96 € (4 meses).
- English for IT 2: 96 € (4 meses).
B. Ou ben pago fraccionado en 2 partes: o pago inicial será coincidente ao resto dos cursos Mentor (48€ / 2 meses), e posteriormente teredes que facer unha recarga co resto do custo (72€ / 3 meses restantes ou 48 / 2 meses restantes) antes de que de comezo o terceiro mes do curso (utilízase o mesmo formulario que o de matrícula para facer recargas).
- CCNA v.7:
- Módulo 1 CCNA v7: pago inicial 48€ (2 meses) + recarga de 72€ (3 meses restantes)
- Módulo 2 CCNA v7: pago inicial 48€ (2 meses) + recarga de 72€ (3 meses restantes)
- Módulo 3 CCNA v7: pago inicial 48€ (2 meses) + recarga de 72€ (3 meses restantes)
- CyberOps Associate: pago inicial 48€ (2 meses) + recarga de 72€ (3 meses restantes)
- English for IT 1: 48 € (2 meses) + recarga de 48 € (2 meses)
- English for IT 2: 48 € (2 meses) + recarga de 48 € (2 meses)
A matrícula, como en todos os cursos Mentor, podédela facer desde aquí, totalmente en liña:
- Hai que facer unha transferencia pola cantidade correspondente ao número de conta que aparece no apartado “3. Pago” do formulario https://www.iessanclemente.net/aula-mentor/matricula/
- Unha vez feita a transferencia cubrir o formulario anexando a copia da transferencia: https://www.iessanclemente.net/aula-mentor/matricula/
- Tan pronto vos deamos de alta recibiredes un correo coa confirmación e datos de acceso.
Descarga de PDF’s informativos:
Preguntade calquera dúbida en:
santiagodecompostela@aulamentor.es
ou chamando ao número 881 867 525.





