• ?
  • Rexistro

MATRÍCULA DA ESA A DISTANCIA

Desde o 1 de setembro abrese o prazo de matrícula para a ESA a distancia.

Requirimentos

Os requisitos para cursar a Educación Secundaria de Adultos no nivel II son:

  • Según cuatrimestre:
    • Primer cuatrimestre: ter 18 anos a día 31 de decembro de 2019.
    • Segundo cuatrimestre: ter 18 anos a día 30 de abril de 2020.

Tamén poderá matricularse na educación secundaria de persoa adultas quen cumpra algún dos seguintes ­requisitos:

  • Ser maior de dezaseis anos e ter un contrato laboral que impida acudir os centros educativos en réxime ordinario.
  • Ser deportista de alto rendemento.
  • Ter cursado ensinanzas de persoas adultas en anos anteriores.
  • Ter estado matriculado en anos anteriores nun programa de cualificación profesional inicial (PCPI)

 

Táboa de equivalencias entre EXB, ESO e Educación Secundaria para Adultos

Sistema educativo Lei 1970 Educación Secundaria Obrigatoria Educación secundaria para persoas adultas
7º da Educación Xeral Básica 1º da Educación Secundaria Obrigatoria Módulo I, Nivel II
8º de Educación Xeral Básica e título de graduado escolar ou certificado de escolaridade Segundo curso da Educación Secundaria Obrigatoria Módulo II, Nivel II
Primeiro curso de Bacharelato Unificado e Polivalente con dúas materias pendentes, como máximo, ou primeiro curso de Formación Profesional de Primeiro Grao Terceiro curso da Educación Secundaria Obrigatoria Módulo III, Nivel II
Segundo curso de Bacharelato Unificado e Polivalente ou segundo curso de Formación Profesional de Primeiro Grao e título de técnico auxiliar Cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria. Título de graduado en Educación Secundaria Módulo IV, Nivel II. Título de graduado en Educación Secundaria

Matrícula

O prazo de matrícula para o primeiro cuadrimestre vai desde o 2 de setembro ata o 17 de xaneiro de 2020; e desde o 3 de febreiro ata o 15 de maio de 2020, para o segundo cuadrimestre.

  • Para o alumnado que, por motivos laborais, necesite xustificación de estar cursando ensinanzas básicas para persoas adultas con posterioridade á data de matrícula establecida, o centro educativo poderá realizar a reserva de matrícula ata a apertura no novo prazo no curso seguinte.
  • Para o alumnado de nova incorporación que non acredite estudos, na primeira semana de outubro e na segunda semana de febreiro realizaranse baixo a supervisión da Inspección Educativa as probas de avaliación inicial.
  • O alumnado de educación secundaria a distancia poderá matricularse de ata un máximo de tres módulos encadrados nos ámbitos de coñecemento e será requisito indispensable, dentro de cada ámbito, obter avaliación positiva do módulo anterior para poder ser avaliado/a do seguinte.
  • O alumnado matriculado en educación a distancia será considerado para todos os efectos alumnado oficial do centro, polo que terá dereito á utilización dos seus servizos e das súas instalacións.