• ?
  • Rexistro

ESA

Requirimentos

Os requisitos para cursar a Educación Secundaria de Adultos no nivel II son:

  • Según cuatrimestre:
    • Primer cuatrimestre: Ter 18 anos a día 31 de Decembro.
    • Segundo cuatrimestre: Ter 18 anos a día 28 de Abril.

Poderán matricularse menores de idade que sexan autorizados pola dirección do centro, cando acrediten suficiente e documentalmente algunha das seguintes circunstancias:

  • Non poder asistir regularmente a un centro ordinario na modalidade presencial por enfermidade ou discapacidade física.
  • Estar interno nunha institución penitenciaria ou en réxime pechado nun centro de reeducación de menores baixo a custodia da Vicepresidencia da Igualdade e Benestar.
  • O alumnado que acredite cursar ou ter cursado un programa de garantía social.
  • Desempeñar unha actividade laboral xustificada con documentación fidedigna da empresa e a alta na seguridade social, ou acreditar o compromiso para realizar un contrato en prácticas nunha empresa.
  • Cando concorran outras circunstancias de carácter extraordinario distintas das sinaladas anteriormente, a Delegación Provincial que corresponda poderá autorizar cursalas tralo informe favorable do Servizo de Inspección Educativa.

Táboa de equivalencias entre EXB, ESO e Educación Secundaria para Adultos

Sistema educativo Lei 1970 Educación Secundaria Obrigatoria Educación secundaria para persoas adultas
7º da Educación Xeral Básica 1º da Educación Secundaria Obrigatoria Módulo I, Nivel II
8º de Educación Xeral Básica e título de graduado escolar ou certificado de escolaridade Segundo curso da Educación Secundaria Obrigatoria Módulo II, Nivel II
Primeiro curso de Bacharelato Unificado e Polivalente con dúas materias pendentes, como máximo, ou primeiro curso de Formación Profesional de Primeiro Grao Terceiro curso da Educación Secundaria Obrigatoria Módulo III, Nivel II
Segundo curso de Bacharelato Unificado e Polivalente ou segundo curso de Formación Profesional de Primeiro Grao e título de técnico auxiliar Cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria. Título de graduado en Educación Secundaria Módulo IV, Nivel II. Título de graduado en Educación Secundaria

Matrícula

Do 1 de setembro de 2022 ata o 13 de xaneiro de 2023.
Para o segundo cuadrimestre, desde o 1 de febreiro ata o 28 de abril de 2023.

  • Para o alumnado de nova incorporación que non acredite estudos, na primeira semana de outubro e na segunda semana de febreiro realizaranse as probas de avaliación inicial.
  • O alumnado deberá posuír o material didáctico específico destas ensinanzas recomendado polo centro e aqueles que non o posúan deberán comprometerse á súa adquisición.
  • O alumnado de educación secundaria a distancia poderá matricularse de ata un máximo de catro módulos encadrados nos ámbitos de coñecemento e será requisito indispensable, dentro de cada ámbito, obter avaliación positiva do módulo anterior para poder ser avaliado/a do seguinte.
  • O alumnado matriculado en educación a distancia será considerado para todos os efectos alumnado oficial do centro, polo que terá dereito á utilización dos seus servizos e das súas instalacións.