• ?
  • Rexistro

Seccións Bilingües e Estrela PluriFP

O IES San Clemente imparte seccións bilingües desde o ano 2008, co obxectivo de mellorar o desenvolvemento persoal e profesional do alumnado, adquirindo vocabulario técnico e preparándoo para a realización da FCT no estranxeiro e para o futuro laboral.

Ademais, desde 2018 contamos co ciclo medio plurilingüe Sistemas Microinformáticos e Redes en portugués e desde 2019 co ciclo superior plurilingüe Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma en inglés, ambos no marco do programa Estrela PluriFP, da Consellaría de Educación.

No ano escolar 2020-2021, estes son os módulos impartidos en lingua estranxeira:

O alumnado que solicite praza no IES San Clemente, debe ter en conta esta información.

Máis información: plurifp@iessanclemente.net

 

PFPP Edulingüe Estrela PluriFP

O equipo docente do centro participa no Plan de Formación Permanente do Profesorado vinculado aos ciclos Estrela PluriFP, desenvolvendo estes resultados finais.

 

 

Os inicios das seccións bilingües no IES San Clemente (vídeo de 2012)