Constituída a Xunta Electoral que debe velar polo proceso de eleccións ao Consello Escolar, aprobáronse os censos electorais e o calendario electoral seguinte:
- Do 26 de outubro ao 4 de novembro: RECLAMACIÓNS AOS CENSOS ELECTORAIS dispoñibles na conserxería do centro.
- Do 29 de outubro ao 4 de novembro: PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS entregando instancia dispoñible na oficina do centro.
- 5 de novembro: PROCLAMACIÓN DE CANDIDATURAS E SORTEO DE MESAS ELECTORAIS.
- Do 6 ao 9 de novembro: RECLAMACIÓNS ÁS CANDIDATURAS dispoñibles na conserxería do centro.
- Do 11 ao 17 de novembro: ELECCIÓNS TELEMÁTICAS DE REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS – A TRAVÉS DE ABALAR.
- 24 de novembro: ELECCIÓNS PRESENCIAIS DE REPRESENTANTES DO ALUMNADO E PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS.
- 26 de novembro (pdte. confirmación): CLAUSTRO EXTRAORDINARIO PARA A ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DO PROFESORADO.
Os postos que corresponde renovar no presente ano son os seguintes:
- Profesorado: 3
- Alumnado: 4
- Pais, nais e titores legais: 3




