Bacharelatos
A nosa plataforma educativa pon a disposición do alumnado a máis avanzada tecnoloxía para a formación a distancia. Ademais, o alumnado terá asesoramento directo e persoal con titorías presenciais, telefónicas e telemáticas.
Para unha información máis detallada sobre o bacharelato a distancia, consultar a páxina www.bacharelatodistancia.net.
Os requisitos para cursar bacharelato a distancia son os seguintes:
Idade
- Ter 18 anos ou cumprilos antes do 1 de xaneiro do próximo ano
- Para menores de idade consultar no propio centro
Académicos
Para acceder a 1º de Bacharelato:
- Ter superada a ESO, FPI, 2º BUP (máximo 2 pendentes) ou equivalente, posuír o título de Técnico correspondente á Formación Profesional específica de grao medio.
Para acceder a 2º de Bacharelato:
- Ter superado 3º BUP, FPII ou equivalente
Modalidades de Bacharelato
- Ciencias
- Humanidades e Ciencias Sociais
- Artes
Materias ofertadas
Oferta educativa no primeiro curso (bacharelato LOMLOE).
Oferta educativa no segundo curso.
O alumnado de 2º curso continuará no curso 2022-2023 por último ano co plan de estudos LOMCE. En caso de ter materias pendentes de 1º, terá que escoller entre as seguintes:
Matrícula
Ata o 28 de abril de 2023.
Como matricularse
A matrícula de bacharelato a distancia pódese realizar:
- Preferentemente, na páxina web matricula.iessanclemente.net, enviando a documentación resultante por correo ao IES San Clemente.
- Na secretaría do IES San Clemente de Santiago de Compostela. Rúa San Clemente s/n. CP 15705. Santiago de Compostela. Teléfono 881 86 75 01.
- A Coruña: Centro EPA Eduardo Pondal. Rúa Pepín Rivero nº3. Teléfono 881 96 09 01.
- Ferrol: Centro EPA Sta. María de Caranza. Rúa Luís de Requeséns s/n. CP 15406. Teléfono 881 93 83 17.
- Lugo: Centro EPA Albeiros. Parque da Milagrosa s/n. CP 27003. Teléfono 982 82 81 06.
- Burela: IES Monte Castelo. Rúa do Sil s/n. CP 27880. Teléfono 982 82 82 41.
- Ourense: Centro EPA. Rúa Álvarez de Soutomaior, 4. CP 32002. Teléfono 988 24 38 34.
- Pontevedra: Centro EPA Río Lérez. Avda. De Buenos Aires nº26. CP 36002. Teléfono 886 15 94 21.
- Vigo: Centro EPA Berbés. Rúa Marqués de Valterra nº8. CP 36202. Teléfono 886 11 09 76.