Ciclo Superior Plurilingüe de Administración de Sistemas Informáticos en Rede. Oferta Ordinaria
Familia profesional
Informática
Título que se obtén
Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede
Saídas profesionais
Este profesional exerce a súa actividade na área de informática de entidades que dispoñan de sistemas para a xestión de datos e infraestrutura de redes (intranet, internet e/ou extranet).
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Técnico/a en administración de sistemas.
- Responsable de informática.
- Técnico/a en servizos de internet.
- Técnico/a en servizos de mensaxaría electrónica.
- Persoal de apoio e soporte técnico.
- Técnico/a en teleasistencia.
- Técnico/a en administración de base de datos.
- Técnico/a de redes.
- Supervisor/a de sistemas.
- Técnico/a en servizos de comunicacións.
- Técnico/a en contornos web.
Duración
Estes estudios teñen unha duración de 2 anos académicos, realizando no último trimestre do 2º ano prácticas en empresas por un total de 384 horas (máis o módulo de Proxecto).
Idiomas
As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán.
Ademais, impártese en portugués:
- o módulo Fundamentos de Hardware, de 1ASIR,
- o módulo Português Língua Estrangeira Profissional I de 1ASIR,
- o módulo Administração de Sistemas Gestores de Bases de Dados, de 2ASIR,
- o módulo Português Língua Estrangeira Profissional II de 2ASIR,
Consultar a previsión de módulos en lingua estranxeira para o próximo ano lectivo.
Módulos do primeiro ano
Módulos | Horas |
Implantación de sistemas operativos | 213 |
Planificación e administración de redes | 213 |
Fundamentos de hardware | 107 |
Xestión de bases de datos | 187 |
Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información | 133 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Portugués Lingua Estranxeira Profesional I | 53 |
Módulos do segundo ano
Módulos | Horas |
Administración de sistemas operativos | 140 |
Servizos de rede e internet | 140 |
Implantación de aplicacións web | 122 |
Administración de sistemas xestores de bases de datos | 70 |
Seguridade e alta dispoñibilidade | 105 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Portugués Lingua Estranxeira Profesional II | 53 |
Proxecto de administración de sistemas informáticos en rede | 26 |
Formación en centros de traballo | 384 |
Máis Información
Admisión e Matrícula
Probas acceso a ciclos
Validacións
Currículos dos ciclos
Formación en Centros de Traballo
Normativa que regula a Formación Profesional
Suplementos Europass ao título