Ciclos plurilingües

O IES San Clemente imparte módulos en lingua estranxeira desde o ano 2008.

Queres saber máis sobre os inicios?

 

Previsión para o ano escolar 2025-2026 

1.- Módulos técnicos impartidos en lingua estranxeira:

Portugués:

Inglés:

O alumnado que solicite praza no IES San Clemente, debe ter en conta esta información.

.

2.- Módulos de Lingua Estranxeira:

Todos os ciclos, sexan plurilingües ou non, teñen estes módulos de Lingua Estranxeira:

  • Inglés profesional en 1º ano.
  • Habilidades comunicativas en lingua estranxeira en 2º ano: Portugués en SMR e ASIR ordinarios; Inglés no resto.

.

3.- Tamén hai actividades de conversa (voluntarias) en inglés, portugués, francés e italiano en horario de tarde.

As clases de lingua estranxeira, entre outros obxectivos, preparan o alumnado para a obtención dunha certificación oficial mediante exame externo. Todo o alumnado ten a oportunidade de certificar oficialmente o seu nivel de lingua estranxeira.

.

Listaxes oficiais de Ciclos Plurilingües

 

Máis información:

 

PluriFP e Erasmus+ en Portugal (DPGaliza e Xunta, 2022)

.
Un pouco de historia

 

O IES San Clemente imparte módulos en lingua estranxeira desde o ano 2008 (inicialmente como “seccións bilingües”), co obxectivo de mellorar o desenvolvemento persoal e profesional do alumnado, adquirindo vocabulario técnico e preparándoo para a realización da FCT no estranxeiro e para o futuro laboral.

Desde 2018 contamos con ciclos plurilingües, no marco da iniciativa Edulingüe da Consellaría de Educación. Nese ano comezou a impartirse o ciclo medio plurilingüe Sistemas Microinformáticos e Redes en portugués, no ano seguinte o ciclo superior plurilingüe Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma en inglés e no 2021 os ciclos de grado superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web (inglés) e Administración de Sistemas Informáticos en Rede (portugués).

 

Os inicios das seccións bilingües no IES San Clemente (vídeo de 2012)