Formación en empresas

O alumnado dos ciclos formativos da familia profesional de Informática e comunicacións impartidos no IES San Clemente realiza un período de formación en empresa ou organismo equiparado.
A continuación expoñemos a información máis relevante a modo de preguntas frecuentes tanto para o alumnado como para as empresas ou organismos interesados en acoller ao noso alumnado en prácticas.
CONTACTO
En caso de non atopar a información que busca pode mandar unha mensaxe a fct@iessanclemente.net ou contactar no teléfono +34 881 867 527.
Preguntas frecuentes
Que significan as siglas FCT e FEOE?
- FCT: A Formación en centros de traballo é o módulo dos ciclos do plan de estudos anterior (LOE) durante o cal se realizan as prácticas na empresa.
- FEOE: Formación en empresa ou organismo equiparado, refírese ao período de prácticas que se realiza nos ciclos do plan de estudos actual (LOOIFP).
Que significan as siglas LOE e LOOIFP?
- LOE: Lei orgánica de educación. A esta lei pertencen os ciclos do plan de estudos anterior no que non se cursaban módulos como Sostenibilidade e se realizaba a FCT.
- LOOIFP: Lei orgánica de ordenación e integración da FP. A esta lei pertencen os ciclos do plan de estudos actual no que se cursan módulos como Sostenibilidade e se realizaba a FEOE.
Cal é a duración da fase de formación en empresa?
A duración vai desde 384 a 500 horas.
- Plan de estudos actual (LOOIFP):
– Todos os ciclos: 500 horas, 63 días en xornadas de 8 horas. - Plan de estudos anterior (LOE):
– Ciclo medio: 410 horas, 52 días en xornadas de 8 horas.
– Ciclos superiores: 384 horas, 48 días en xornadas de 8 horas.
Como sei se estou cursando o plan de estudos actual (LOOIFP)?
- O teu ciclo é LOOIFP se inclúe os módulos:
- Inglés profesional
- IPE I (no plan anterior FOL)
- Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo
- IPE II (no plan anterior EIE)
- Dixitalización aplicada aos sectores produtivos
- Habilidades comunicativas en lingua estranxeira
En que momento do curso empezan as prácticas?
As prácticas poden realizarse nun destes tres períodos (en xornadas de 8 horas 5 días por semana):
- De setembro a decembro
- De xaneiro a marzo
- De marzo a xuño
O alumnado que está traballando pode solicitar a adaptación do calendario alongando a duración das prácticas sempre cunha duración mínima de 4 horas por xornada ao longo de 5 xornadas semanais. Debe acreditarse coa copia do contrato de traballo vixente durante o período de prácticas.
Cantos módulos é necesario ter superados para acceder á formación en empresa?
- FCT (Formación en centros de traballo) – LOE
- O alumnado do anterior plan de estudos (Ley LOE) debe ter TODOS os módulos superados para acceder á FCT.
- FEOE (Formación en empresa ou organismo equiparado) – LOOIFP
- O alumnado do actual plan de estudos (Ley LOOIFP) ten que cumprir os seguintes requisitos para acceder á FEOE:
- Nos ciclos de ordinario (presenciais) aplicaranse os dous seguintes criterios e por esta orde:
- 1º. Comprobarase que o/a alumno/a supere módulos que supoñan como mínimo o 50 % do horario semanal dos módulos de 2º curso (só de 2º curso). No caso de non cumprir este criterio NON ACCEDE á formación en empresa.
- 2º. Se ten módulos pendentes de 1º, ademais de cumprir co criterio anterior, o/a alumno/a debe superar módulos que supoñan como mínimo o 50 % do horario semanal dos módulos de 2º curso e módulos pendentes de 1º de forma conxunta.
- Nos ciclos de ordinario (presenciais) aplicaranse os dous seguintes criterios e por esta orde:
- O alumnado do actual plan de estudos (Ley LOOIFP) ten que cumprir os seguintes requisitos para acceder á FEOE:
É necesario ter Número da Seguridade Social (NUSS) para facer as prácticas?
Si, é imprescindible. Todo o alumnado que vai realizar as prácticas en empresa debe dispoñer de NUSS.
É necesario que solicites o número da Seguridade Social (NUSS). O NUSS é o número que identifica a cada cidadán nas relacións coa Seguridade Social. É requerimento imprescindible para que a Consellería xestione a túa alta na Seguridade Social cando realices as prácticas.
Envíalle o certificado no que se che comunica o NUSS á oficina do IES para que cho engadan no expediente (ies.sanclemente@edu.xunta.gal). Tamén o podes entregar presencialmente na oficina.
Podes solicitalo ou consultar se xa o tes de tres formas:
1. A través do móbil instalando a App “Importass Seguridad Social” e realizar o trámite de buscar o NUSS. Se non o tes solicítao.
2. Desde o ordenador conectándote a:
Seguridad Social: Herramientas Web
Consultas o teu número. Se non o tes asignado solicítao.
3. Nos casos nos que pola casuística persoal non sexa posible realizar as xestións vía web podes acudir a unha “Tesorería da Seguridade Social”. Ollo, non tódalas oficinas da Seguridade Social son “Tesorería”. Asegúrate de se precisas solicitar cita previa.
Se non consigues o NUSS consúltalle á persoa titora do instituto.
Cales son os criterios de asignación do alumnado ás empresas ou organismos equiparados?
Seguindo as indicacións do artigo 155 do Real Decreto 659/2023, de 18 de xullo, polo que se desenvolve a ordenación do Sistema de FP, o IES San Clemente establece os seguintes criterios para a asignación de alumnado de graos D (ciclos formativos medios e superiores) e graos E (cursos de especialización) ás empresas ou organismos equiparados durante a realización da formación en empresa ou organismo equiparado (FEOE).
-
Coa finalidade de garantir a calidade e accesibilidade da formación do alumnado con Necesidades Específicas de Atención Educativa (NEAE) procurarase atopar prazas formativas en empresas ou organismos equiparados que permitan, na medida do posible, a súa mellor integración e formación.
-
Se un alumno ou unha alumna contacta cunha empresa ou organismo equiparado que está disposto a acollelo/a para a realización da formación, debe comunicalo á persoa titora ou a persoa coordinadora de FCT. Ademais a empresa deberá enviar un correo electrónico a fct@iessanclemente.net indicando que están dispostos a acoller o/a alumno/a durante a FEOE e as tarefas que vai realizar.
-
Terase en conta ao alumnado que manifeste a súa intención de seguir estudando ou empezar a traballar.
-
Unha vez coñecido o total de alumnado a asignar e o número de prazas formativas das que dispoñemos nas empresas ou organismos equiparados para cada un dos graos, a persoa coordinadora de FCT xunto coas persoas titoras de graos da modalidade a distancia e de 2º curso de graos de ordinario, asignarán o alumnado matriculado de cada grao tendo en conta a seguinte prelación:
-
- Maior número de módulos do ámbito profesional cursados e superados no IES San Clemente. Considéranse como tales, todos excepto:
- Inglés profesional
- IPE I
- Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo
- IPE II
- Dixitalización aplicada aos sectores produtivos
- Habilidades comunicativas en lingua estranxeira
- Maior nota media nos módulos do ámbito profesional cursados e superados (non validados) no IES San Clemente.
- Maior capacidade de integración en cada posto en función das competencias persoais, capacidade de traballo en equipo e de toma de decisións.
- Menor número de faltas de asistencia ás actividades lectivas, no caso de alumnado do réxime ordinario.
- A proximidade xeográfica do domicilio do/a alumno/a á empresa ou organismo equiparado.
- Maior número de módulos do ámbito profesional cursados e superados no IES San Clemente. Considéranse como tales, todos excepto:
Estes criterios inclúense nas Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia (NOFC) publicadas na web do IES San Clemente.
Cales son os prazos para formalizar a matrícula das prácticas e/ou proxecto?
Para poder buscar e asignar empresa debemos coñecer o total de alumnado que vai facer as prácticas con antelación suficiente.
Con esa finalidade establécense os seguintes períodos de matrícula de FCT/FEOE e/ou Proxecto:
- Segunda quincena de xullo para empezar as prácticas en setembro.
- Primeira quincena de decembro para empezar en xaneiro.
- Primeira quincena de febreiro para empezar en marzo.
IMPORTANTE: O alumnado matriculado en presencial que vai realizar as prácticas de marzo a xuño non é necesario que formalice ningún tipo de matrícula.
Cantas veces pode un alumno ou unha alumna repetir as prácticas?
O número máximo de convocatorias é de dúas, tanto para a FCT (LOE, plan de estudos anterior) como para a FEOE (LOOIFP, plan de estudos actual).
O alumnado que esgote as dúas convocatorias poderá solicitar, ante a Dirección Xeral de Formación Profesional, unha convocatoria extraordinaria, sempre que se dea algunha das seguintes circunstancias, que se deberán acreditar documentalmente:
- Doenza prolongada de carácter físico ou psíquico, tanto do alumno ou da alumna como de familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, no período correspondente á última convocatoria ordinaria.
- Discapacidade que implique autorización de flexibilización modular para completar os estudos.
- Sufrimento dunha situación de violencia de xénero.
- Calquera outra circunstancia que condicione ou impida o desenvolvemento ordinario dos estudos.
Podo matricularme das prácticas sen matricularme no módulo de Proxecto ou viceversa?
Non, o módulo de Proxecto debe realizarse ao mesmo tempo que a formación na empresa.
É posible facer as prácticas na mesma empresa na que se está contratado?
Non.
Pódese solicitar a exención das prácticas?
- Certificación da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou do Instituto Social da Mariña dos períodos de alta na Seguridade Social no réxime especial correspondente.
- Descrición da actividade desenvolvida e intervalo de tempo no que se realizou a mesma.
Pode un/unha alumno/a propoñer unha empresa na que facer as prácticas?
Si sempre que a empresa mande un correo a fct@iessanclemente.net indicando:
- Datos do/a alumno/a que vai acoller na empresa/organismo.
- Período de acollemento (setembro-decembro, xaneiro-marzo ou marzo-xuño)
- Tarefas que o alumno realizaría na empresa/organismo.
O alumnado pode escoller a empresa na que realizar as prácticas de entre as que colaboran co instituto?
Quen asigna a empresa ao alumnado é a persoa titora do centro educativo.
O único caso no que o alumnado “escolle” é cando unha empresa solicita acoller a ese alumnado concreto enviando a solicitude ao correo fct@iessanclemente.net indicando o período de prácticas e as tarefas que se realizarán na empresa.
O alumnado recibe algún tipo de axuda económica?
Segundo a normativa para o ano 2026, ORDE do 9 de xaneiro de 2026, pode solicitar axuda o alumnado que:
- realice as prácticas nun centro de traballo nun concello distinto do concello do centro educativo e distinto do concello de residencia do/da alumno/a durante o período de realización da formación en empresa.
- realice as prácticas no estranxeiro e non gozase dunha axuda Erasmus+ KA121, KA122 (Erasmus+ de ciclo medio) ou calquera outra axuda que financie totalmente o período de realización da formación en empresa.
Como solicita o alumnado a axuda económica?
Unha vez empezadas as prácticas, no caso de ter dereito a percibir axuda, a persoa titora do instituto encárgase de enviar ao alumnado a documentación que terá que cubrir:
- documento de solicitude de axuda
- declaración responsable de axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade
De que ensinanzas de FP do IES San Clemente pode unha empresa acoller alumnado en prácticas?
- CICLOS FORMATIVOS: No IES San Clemente impartimos todos os ciclos formativos da familia profesional de Informática e comunicacións:
A empresa debe xestionar a alta da SS do alumnado en prácticas?
Non. É a Consellería de educación quen xestiona a alta.
Acoller alumnado en prácticas supón algún custe económico para a empresa?
Non, as prácticas son non remuneradas.
A alta na SS tampouco supón gastos para a empresa.
Que pasos teño que seguir como empresa para acoller alumnado en prácticas do IES San Clemente?
- A empresa debe enviar un correo a fct@iessanclemente.net indicando o seu interese en acoller alumnado dun ou varios ciclos para un período do curso ou varios. Nesa mensaxe deberá achegarse cuberto o documento que se atopa na seguinte ligazón.
- Asinar un convenio de colaboración que remitiremos desde o instituto á empresa no que se indica o alumnado e o período da formación na empresa.
As prácticas poden ser telemáticas?
Si.
As prácticas poden ser:
- Presenciais,
- telemáticas, ou,
- híbridas (parte presenciais e parte en remoto).
O IES San Clemente xestiona prácticas extracurriculares ou de recén titulado/a?
Si pero só no estranxeiro.
O instituto ten unha bolsa de emprego?
Non.
As empresas poden mandar as súas ofertas de emprego a fct@iessanclemente.net que se publicarán na sección de Emprego da web do IES San Clemente.
Pódense realizar prácticas no estranxeiro?
Si.
Pódese consultar a información sobre Erasmus+ na sección Internacional da web do instituto.
Pódense realizar prácticas nunha empresa doutra comunidade autónoma?
Si sempre que o servizo de inspección educativa o autorice




