Títulos
Expedición de títulos-pagamentos de taxas.
BACHARELATO, CICLO MEDIO, CICLOS SUPERIORES.
Procedemento
Se remataches os teus estudos de Bacharelato ou Ciclo Medio (incluída a FCT) ou ben calquera dos Ciclos Superiores (incluídos FCT e proxecto) só che queda un paso para obter o título correspondente aos teus estudos que é o pagamento de taxas para a expedición do título.
Podes consultar as taxas ao final desta páxina, así como un exemplo de como cubrir o impreso.
MOI IMPORTANTE:
- Non pagar as taxas sen antes asegurarvos que titulades, podedes confirmalo chamando á oficina do centro.
- A data de ingreso da taxa na Entidade Bancaria TEN QUE SER POSTERIOR á data da avaliación final.
O pago destas taxas pode facerse de dúas formas:
Presencialmente
Recoller na secretaría do centro o “Impreso de autoliquidación de taxas” e cumprimentalo.
Unha vez selado polo banco ou entidade colaboradora, debe presentarse na secretaría do centro xunto coa fotocopia do DNI e, se aplicaches redución por familia numerosa, o libro de familia numerosa (actualizado) e unha fotocopia del.
Telemáticamente
O pago debe facerse na Oficina Virtual da Axencia Tributaria de Galicia, https://ovt.atriga.gal/, seguindo estes pasos:
- Cidadáns
- Pago de taxas e prezos: Iniciar taxa.
- Acceso libre ao servizo (cadeado aberto).
- Iniciar taxa.
- Introducir os datos da taxa segundo se indica nos documentos que se atopan ao final desta páxina.
- Continuar.
Unha vez feito o pago telemático, deberase retroceder ao apartado Cidadáns – Pago de taxas e prezos – Operacións realizadas e imprimir en PDF o modelo 730 para envialo ao correo electrónico ies.sanclemente@edu.xunta.gal, xunto coa fotocopia do DNI, coa fin de rexistrar o depósito do título e expedir a correspondente certificación.
IMPORTANTE: Indicar que unha vez feito o pago e antes da descarga do MODELO 730, a aplicación xerará un “RECIBO DO PAGO CON TARXETA”. En ningún caso este recibo será xustificante de pago de taxas para presentalo no centro. Cos datos deste recibo, terá que volver á aplicación e xerar o MODELO 730, que será o que se entregará.
TARIFAS DE EXPEDICIÓN DE TÍTULOS
Título | Tarifa Normal | Tarifa familia numerosa (xeral) | Tarifa familia numerosa (especial) | Duplicados |
Bacharel | 52.94 € | 26.50€ | 0€ | 4.88€ |
Técnico (Ciclo Medio) | 21,64 € | 10.84€ | 0€ | 2.50€ |
Técnico Superior (Ciclo Superior) | 52.94 € | 26.50€ | 0€ | 4.88€ |
Exemplo de como cubrir o “Impreso de autoliquidación de taxas“