Ciclo Medio Plurilingüe de Sistemas Microinformáticos e Redes. Oferta Ordinaria
Familia profesional
Informática.
Título que se obtén
Técnico en Sistemas Microinformáticos e Redes
Saídas profesionais
Estas persoas exercen a súa actividade nomeadamente en empresas do sector de servizos dedicadas á comercialización, á montaxe e á reparación de equipamentos, redes e servizos microinformáticos en xeral, como parte do soporte informático da organización, ou en entidades de calquera tamaño e calquera sector produtivo que utilicen sistemas microinformáticos e redes de datos para a súa xestión.
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Técnico/a instalador/a ou reparador/a de equipamentos informáticos.
- Técnico/a de soporte informático.
- Técnico/a de redes de datos.
- Reparador/a de periféricos de sistemas microinformáticos.
- Comercial de microinformática.
- Operador/a de teleasistencia.
- Operador/a de sistemas.
Duración
Estes estudios teñen unha duración de 2 anos académicos, realizando no último trimestre do 2º ano prácticas en empresas por un total de 410 horas.
Idiomas
As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán.
Ademais, impártese en portugués:
- o módulo Aplicações ofimáticas, de 1SMR,
- o módulo Português Língua Estrangeira Profissional I de 1SMR,
- o módulo Serviços em Rede, de 2SMR,
- o módulo Português Língua Estrangeira Profissional II de 2SMR,
Consultar a previsión de módulos en lingua estranxeira para o próximo ano lectivo.
Módulos do primeiro ano
Módulos | Horas |
Montaxe e matemento de equipamentos | 240 |
Sistemas operativos monoposto | 160 |
Aplicacións ofimáticas | 240 |
Redes locais | 213 |
FOL | 107 |
Portugués Lingua Estranxeira Profesional I | 53 |
Módulos do segundo ano
Módulos | Horas |
Sistemas operativos en rede | 157 |
Seguridade informática | 140 |
Servizos en rede | 157 |
Aplicacións web | 123 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Portugués Lingua Estranxeira Profesional II | 53 |
Formación en centros de traballo | 410 |
Máis Información
Admisión e Matrícula
Probas acceso a ciclos
Validacións
Currículos dos ciclos
Formación en Centros de Traballo
Normativa que regula a Formación Profesional
Suplementos Europass ao título