IES San Clemente
  • entrar
  • ?
  • Rexistro

dinamización

novas

A cor da area

A cor da area

O departamento de Ciencias, coa colaboración do EDLG, organiza a exposición A cor da area, cunha mostra moi interesante e variada de area de diferentes praias galegas, un mapa de localización, instrumentos de observación e a presentación que compartimos convosco.               Presentación A Cor da Area

Philip Duncan Webb

Philip Duncan Webb

Compartimos convosco este artigo d’O Cartafol, publicación da USC, que fala dun alumno inglés que fixo o traballo de fin de mestrado (e actualmente a tese de doutoramento) en galego. Parecíame o máis natural facer o traballo de fin de máster en galego  

Actitudes e habilidades para o éxito

Actitudes e habilidades para o éxito

No 20 de febreiro de 2017 o alumnado de 1ASIR asistiu a unha actividade formativa organizada pola Consellaría de Educación, no marco do programa Lanzadeiras Coruña (varios alumnos de 1º e 2º de ASIR están a traballar nun proxecto eTwinning que fai parte deste programa).                     Ler máis…

O galego é un mundo, no IES San Clemente

O galego é un mundo, no IES San Clemente

Actividade “O galego é un mundo” desenvolvida o 10 de xaneiro de 2017 no IES San Clemente, de Santiago de Compostela, coa participación de Anik Nandi.   Máis información: Anuncio: O galego é un mundo Consellaría de Educación La Voz de Galicia El Correo Gallego Noticieiro Galego Diario de Pontevedra Nós Televisión Televisión de Galicia Ler máis…

II Certame de micro vídeos

II Certame de micro vídeos

B A S E S 1. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente convoca o II Certame de micro vídeos. 2. Poderán participar todos os membros da comunidade educativa: alumnado, profesorado e PAS. 3. Os vídeos deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre e debe estar presente o galego oral Ler máis…

II Certame de micro relatos

II Certame de micro relatos

B A S E S 1. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente convoca o II Certame de micro relatos. 2. Poderán participar todos os membros da comunidade educativa: alumnado, profesorado e PAS. 3. Os traballos deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre e escritos en galego, en calquera das Ler máis…

A miña primeira vez

A miña primeira vez

Compartimos convosco esta serie de vídeos da Rede Galega de VideoBlogues de persoas estranxeiras que estudaron e falan galego de xeito exemplar.  

Gañadores do VII Concurso de felicitacións de Aninovo

Gañadores do VII Concurso de felicitacións de Aninovo

Finalizado o prazo de presentación de traballos para o VII Concurso de felicitacións de Aninovo, este é o fallo do xurado: 1º premio: Pablo Iglesias de 1º SMR – O Aninovo. 2º premio: Leticia Tuñas de 1º SMR – Bo Nadal, pequenos alieníxenas. Información sobre o proxecto eTwinning relacionado.  

Proxectos eTwinning Galiza-Portugal

Proxectos eTwinning Galiza-Portugal

Tras catro anos de traballo, lanzamos a versión en galego do libro “Proxectos eTwinning Galiza-Portugal”, con 18 ideas para proxectos a desenvolver entre centros educativos galegos e portugueses, elaboradas por 24 docentes de ambas as beiras do Miño. A publicación foi financiada polo EDLG do IES San Clemente de Santiago de Compostela. Máis información: Descarga Ler máis…

OPS! 2016

OPS! 2016

O Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago asignou un dos obradoiros OPS! (O Português Simples) ao EDLG do IES San Clemente. O obradoiro foi dirixido por Loaira Martínez, da Associaçom Galega da Língua, o venres 18 de novembro, coa participación activa do alumnado de 1SMR. Avaliación do alumnado participante  

Pág. 4 de 15«23456»