• ?
  • Rexistro

14º CONCURSO DE MARCAPÁXINAS LETRAS GALEGAS 2024: LUÍSA VILLALTA

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca, como xa vén sendo habitual por estas datas, o 14º CONCURSO DE MARCAPÁXINAS para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024, sendo este ano a autora homenaxeada, e por tanto, protagonista da nosa convocatoria, a coruñesa LUÍSA VILLALTA.

As BASES de dito concurso, DE OBRIGADO CUMPRIMENTO, son:

  • Poderá participar todo o alumnado do centro (ESA, Bacharelato e FP), así como todo o alumnado doutros institutos que teñan coñecemento desta iniciativa e estean interesados na mesma.
  • O marcapáxinas debe recoller algunha imaxe relacionada coa autora ou a súa obra, así coma tamén algún texto alusivo, fragmento, frase curta, etc., sobre a súa produción literaria en galego.
  • Cada marcador deberá ter dúas caras, con medidas de 18 × 5 cm, en formato PNG e resolución 300dpi.
  • Admitirase unicamente un traballo por participante, e será condición indispensable que este sexa orixinal e inédito.
  • A proposta enviarase ao enderezo edlg@iessanclemente.net xunto cos datos persoais da persoa participante.
  • O PRAZO DE ADMISIÓN DAS POSTAIS REMATARÁ O 29 DE ABRIL ÁS 23:59 HORAS, e o xurado dará a coñecer a súa decisión na semana das Letras Galegas.
  • Haberá un primeiro premio por valor de 100 €, un segundo de 75 € e un terceiro de 50 €, todos eles para cambiar por material informático, de papelería ou libros. E, ademais, acumulables no caso de xa ter gañado algún outro concurso ou certame do centro, ou chegar a facelo nun futuro.
  • Por último, a participación no concurso supón a aceptación destas bases.