• ?
  • Rexistro

Listaxe de reprodución de música en galego en Spotify

Coa intención de amenizar o voso tempo de traballo e estudo, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente acaba de crear unha listaxe de reprodución de música en galego na aplicación Spotify.

A idea é agrupar unha relación de pezas na que non pese tanto a cantidade, senón a variedade. É dicir, dar a coñecer o máximo número posible de artistas nacionais en vez de engadir unha ducia de cancións de aqueles ou aquelas que xa teñen a sorte de contar con máis sona. É por isto polo que só escoitaredes unha pista de cada un deles, coa única excepción de repetición por dueto.

Se por un casual lembrades algún outro nome importante ou canción que pague a pena compartir, non dubidedes en enviar a referencia ao enderezo electrónico do Equipo, edlg@iessanclemente.net, e así conseguir entre todos e todas que este pequeno xesto para a dinamización da lingua galega medre.

Esperamos que a desfrutedes.

Unha aperta.