IES San Clemente
  • entrar
  • ?
  • Rexistro

dinamización

novas

Exposición “As laranxas máis laranxas”

Exposición “As laranxas máis laranxas”

    Durante o mes de xuño de 2017 a exposición física “As laranxas máis laranxas”, do proxecto Exposicións enREDadas, ten como sede o IES San Clemente. Os autores (docentes de todo o mundo e alumnado do CEIP de Sestelo-Baión) crearon portadas para as obras de Carlos Casares, o autor homenaxeado no día das Letras Ler máis…

Galiza, un país de cinema

Galiza, un país de cinema

Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Nº1 de Ordes, IES Espiñeira (Boiro) e IES San Clemente (Compostela), colaboraron nesta presentación proxectada nos televisores do noso centro a finais de maio e principios de xuño de 2017. Descargar presentación    

VII Concurso Europeo de Marcapáxinas – Fallo do xurado

VII Concurso Europeo de Marcapáxinas – Fallo do xurado

O xurado do VII Concurso Europeo de Marcapáxinas acordou conceder os seguintes premios: 1º premio (100 €): Ana Fernández Prol – IES San Clemente, Santiago de Compostela. 2º premio (75 €): Sonia Seijo Oubel – IES San Clemente, Santiago de Compostela. 3º premio (50 €): Andrea Durán Abelleira – IES Muralla Romana, Lugo. Accésit (30 €): Martín Sanjurjo Ler máis…

XXX Concurso Literario – Fallo do xurado

XXX Concurso Literario – Fallo do xurado

O xurado do XXX Concurso Literario do IES San Clemente acordou conceder os seguintes premios. Modalidade relato: 1º premio (100 €): Escribindo unha vida de Mª Inés Mirás Otero (2ASIR) 2º premio (75 €): Recordos de Cristina Teijido Pena (1º Bach) Modalidade poesía: 1º premio (100 €): Parto na pedra de Adrián Riveiro Rodríguez (2º Ler máis…

A viaxe de “A cor da area”

A viaxe de “A cor da area”

A nosa exposición “A cor da area” tornouse itinerante e vai percorrer outros centros educativos. Actualizaremos este artigo co nome dos centros e con novas fotografías na galería. IES San Clemente, Santiago de Compostela – Exposición orixinal IES Espiñeira de Boiro CPI A Picota IES número 1 de Ordes      

XXX Concurso Literario

XXX Concurso Literario

B A S E S 1. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente convoca o XXX Concurso Literario. 2. Poderán participar os alumnos e alumnas do centro nas distintas modalidades (ESO a distancia, Bacharelato a distancia e Ciclos Formativos). 3. Establécense dúas modalidades: relato e poesía. Cada participante poderá entregar un traballo en Ler máis…

2º Certame de micro vídeos – Fallo do xurado

2º Certame de micro vídeos – Fallo do xurado

O xurado do 2º Certame de micro vídeos acordou seleccionar sete traballos dun total de doce presentados. Damos as grazas a todos os participantes e ao profesorado implicado.    

2º Certame de micro relatos – Fallo do xurado

2º Certame de micro relatos – Fallo do xurado

O xurado do 2º Certame de micro relatos acordou seleccionar todos os traballos recibidos (un total de dez), que serán publicados en xuño de 2017, en Rumbo (2).  

VII Concurso Europeo de Marcapáxinas

VII Concurso Europeo de Marcapáxinas

B A S E S 1. Poderá participar o alumnado de todos os centros europeos por medio do proxecto eTwinning Letras Galegas 2017 – Carlos Casares, ademais de todo o alumnado do IES San Clemente. 2. Tema: o marcador debe recoller algunha imaxe relacionada co autor ou a súa obra e tamén algún texto alusivo, Ler máis…

Estratexia, mercadotecnia e xestión

Estratexia, mercadotecnia e xestión

No 13 de marzo de 2017 o alumnado de 1ASIR asistiu a unha nova actividade formativa organizada pola Consellaría de Educación, no marco do programa Lanzadeiras Coruña (varios alumnos de 1º e 2º de ASIR están a traballar nun proxecto eTwinning que fai parte deste programa).                   Ler máis…

Pág. 3 de 1512345»