• ?
  • Rexistro

37º CONCURSO LITERARIO

Comprácenos anunciarvos que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente convoca o 37º CONCURSO LITERARIO.

Cuxas BASES, DE OBRIGADO CUMPRIMENTO, son:

  • Poderá participar todo o alumnado do IES San Clemente (ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos).
  • Establécense dúas modalidades: relato e poesía, podendo cada participante entregar un traballo en cada modalidade. Estes deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre e, por suposto, escritos en galego.
  • A extensión máxima do relato é de 5 páxinas e a mínima de media páxina, escritos a dobre espazo en letra Arial 12. Na modalidade de poesía, a extensión é libre.
  • Os traballos deberán enviarse en formato odt, doc ou docx por correo electrónico a edlg@iessanclemente.net, indicando o título e datos persoais da persoa participante.
  • O PRAZO DE ADMISIÓN DAS PROPOSTAS REMATARÁ O 6 DE MAIO DE 2024 ÁS 23:59 HORAS.
  • Para cada modalidade, haberá un primeiro premio por valor de 100 € e un segundo de 75 €, todos eles para cambiar por material informático, de papelería ou libros. E, ademais, acumulables no caso de xa ter gañado algún outro concurso ou certame do centro.
  • O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo do ensino e da literatura e poderá incluír membros externos ao centro. Os premios poderán quedar desertos segundo o criterio do mesmo.
  • Por último, a participación no concurso supón a aceptación destas bases.