• ?
  • Rexistro

9º CERTAME DE RELATO BREVE

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca o 9º CERTAME DE RELATO BREVE,

cuxas BASES, DE OBRIGADO CUMPRIMENTO, son:

  • Poderán participar todos os membros da comunidade educativa (alumnado, profesorado e PAS).
  • De temática libre, os traballos deberán ser orixinais e inéditos, e, por suposto, estar escritos en galego.
  • A extensión máxima do relato é de 300 palabras, non habendo unha extensión mínima.
  • Ditos relatos breves, en formato odt, doc ou docx, deberán enviarse por correo electrónico ao enderezo edlg@iessanclemente.net, indicando o título da composición e datos persoais dos/das participantes.
  • O PRAZO DE ADMISIÓN DAS PROPOSTAS REMATARÁ O 11 DE MARZO DE 2024 ÁS 23:59 HORAS.
  • Haberá un primeiro premio por valor de 100 €, un segundo de 75 € e un terceiro de 50 €, todos eles para cambiar por material informático, de papelería ou libros. E, ademais, acumulables no caso de xa ter gañado algún outro concurso ou certame do centro, ou chegar a facelo nun futuro.
  • O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo do ensino e da literatura e poderá incluír membros externos ao centro.
  • Por último, a participación no concurso supón a aceptación destas bases.

Así que tendo en conta todo o exposto, mans á obra!!! Devecemos por ler as vosas propostas.