• ?
  • Rexistro

14º CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE ANINOVO

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca, como vén sendo habitual por estas datas, o 14º CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE ANINOVO.

 E como esperamos con gana a vosa participación, compartimos a continuación as súas BASES:

  • Poderá participar todo o alumnado do centro (ESA, Bacharelato e FP), así como todo o alumnado doutros institutos que teñan coñecemento desta iniciativa e estean interesados na mesma.
  • O tema é “O ANINOVO”.
  • A técnica e o deseño das felicitacións serán libres, e estas deberán incluír algún desexo ou mensaxe orixinal para o ano 2024 en lingua galega (evitando os típicos “Feliz Aninovo”, “Bo 2024”, etc.).
  • Os traballos, elaborados en tamaño A5 (1754x2480px), deben ser dixitalizados e presentados en formato PNG con resolución 300dpi, sendo preciso para a participación no concurso envialos ao enderezo electrónico edlg@iessanclemente.net xunto cos datos persoais do autor ou autora antes do remate do prazo de admisión.
  • Será condición indispensable que estas creacións sexan orixinais (non poden ser usadas imaxes doutra autoría) e inéditas.
  • O PRAZO DE ADMISIÓN DAS POSTAIS REMATARÁ O 3 DE DECEMBRO ÁS 23:59 HORAS.
  • Haberá un primeiro premio por valor de 100 €, un segundo de 75 € e un terceiro de 50 €, todos eles para canxear por material informático, de papelería ou libros.
  • Os traballos premiados publicaranse na web do centro. Este realizará tamén unha exposición virtual con todas as postais presentadas ao concurso e poderá utilizar a galardoada co 1º premio para enviar como felicitación aos distintos membros da comunidade educativa e tamén aos externos á mesma.
  • O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo do ensino e poderá incluír membros externos ao propio instituto. O seu veredicto, que será inapelable, darase a coñecer antes das vacacións de Nadal.
  • Por último, a participación no concurso supón a aceptación destas bases.

Apuntádesvos, non si?