• ?
  • Rexistro

4º CONCURSO DE PROXECTOS INNOVADORES

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca o 4º CONCURSO DE PROXECTOS INNOVADORES,

cuxas BASES, DE OBRIGADO CUMPRIMENTO, son:

  • Poderá participar o alumnado do centro matriculado en FP da familia de Informática en calquera das modalidades dispoñibles.
  • Cada participante poderá presentar un proxecto innovador relacionado coa lingua galega. Este deberá ser orixinal, inédito, innovador e, evidentemente, estará redactado en galego, empregando tamén unha linguaxe inclusiva.
  • A extensión da descrición da idea do proxecto debe estar entre 200 e 1000 palabras. Debe conter: un título, unha breve descrición, obxectivos, tecnoloxías que se empregarían na súa implementación e calquera outra información relevante.
  • Os traballos deberán enviarse en formato PDF por correo electrónico a edlg@iessanclemente.net indicando o título e datos persoais da persoa participante (nome, apelidos e ciclo ao que pertence).
  • O PRAZO DE ADMISIÓN DAS PROPOSTAS REMATARÁ O 29 DE ABRIL DE 2024 ÁS 23:59 HORAS.
  • Haberá un primeiro premio por valor de 150 € e un segundo de 100 €, ambos para cambiar por material informático, de papelería ou libros. E, ademais, acumulables no caso de xa ter gañado algún outro concurso ou certame do centro, ou chegar a facelo nun futuro.
  • O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo do ensino.
  • Por último, a participación no concurso supón a aceptación destas bases.

Non temos probas nin tampouco dúbidas de que de aquí saíran ideas brillantes.