• ?
  • Rexistro

VEREDICTO DO XURADO DO 14º CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE ANINOVO

Para celebrar a chegada do 2024, o alumnado do IES San Clemente, así como doutros institutos interesados na iniciativa proposta por este Equipo de Dinamización da Lingua Galega, elaboraron dixitalmente unha serie de fermosas postais.

Tendo en conta unicamente todas aquelas que foron presentadas conforme ás bases publicadas nesta mesma web, o xurado do 14º CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE ANINOVO acordou conceder os seguintes premios:

1º premio (100 €): David Becerra Vázquez (IES Xoán Montes).
2º premio (75 €): Clara de Asís García Dorado (2º Bach.-I, IES San Clemente).
3º premio (50 €): Naike López Varela (1º Bach.-D, IES San Clemente).

Parabéns ás persoas afortunadas e moitas grazas a todos aqueles e aquelas que vos animastes a participar.

Se vos presta consultar todas as postais enviadas, non dubidedes en premer a continuación na seguinte ligazón:

14º CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE ANINOVO_Propostas presentadas

Unha aperta.