O IES San Clemente oferta bolsas Erasmus+ para realizar un Job Shadowing nun centro educativo ou nunha empresa, fóra do estado español, nun país da Unión Europea.
Descrición:
Duración: 5 días, viaxe incluída (3 días de estadía e 2 días de viaxe).
Finalidade: Desenvolvemento profesional do persoal docente así como...
Prácticas no estranxeiro Erasmus+ Outono 2021
No fluxo de outono de 2021 participan oito alumnos do IES San Clemente:
SMR: Alejandro Martínez, Ángel González, Guillermo Portabales, Víctor Caneda, Vladislav Zernov no Porto.
ASIR: Juan Framil e Michelle Maldonado en Dublín.
DAW: Joseba Portas en Amsterdam.
Todos os alumnos gozan dunha bolsa Erasmus+ e varios cursaron PluriFP.
[gallery...
Edulingüe en Formación Profesional – 2021
Inauguramos o ano lectivo 2021/2022 dos ciclos plurilingües SMR e ASIR, desenvolvendo a actividade "Edulingüe en Formación Profesional" dirixida ás familias do alumnado.
Foi presentada polo coordinador PluriFP Marcos Vence e a xefa de estudos Cristina Seoane, e contou coa participación de Marcos Arias, Cristina Puga, nais, pais e alumnado...
Prácticas no estranxeiro – 2022
O IES San Clemente oferta prazas para realizar estudos e prácticas no estranxeiro, subvencionadas polo programa Erasmus+:
Módulo de FCT.
Prácticas extra curriculares (antes de finalizar o ciclo, xeralmente durante o verán).
Mobilidade combinada de estudos e prácticas (só para SMR).
Prácticas de recén titulado (durante un ano e...
LMF: Podcast lusófono
Durante o ano lectivo 2021/2022 vamos traballar no proxecto eTwinning LusoMicroFonia, creando un podcast en portugués entre o alumnado dos ciclos plurilingües do IES San Clemente (1SMR, 2SMR e 1ASIR), o AE Carlos Amarante de Braga e o Centro Paula Souza de São Paulo.
A proposta está aberta á participación...
Selos de calidade eTwinning 2021
O profesorado e alumnado participante nos proxectos Letras Galegas 2021 – Xela Arias e Um tripé para o meu e-book 2, co seu magnífico traballo, conseguiron que as avaliadoras do Servizo Nacional de Apoio (INTEF, Ministerio de Educación) nos concedesen o selo de calidade.
Parabéns!!
Destacamos o primeiro selo de calidade...
Difusión: Estágios 2021 na WDMI
Artigo no Facebook de WDMI
Prácticas no estranxeiro Erasmus+ Verán 2021
En xullo e agosto de 2021, dezasete estudantes do IES San Clemente desfrutan dunha bolsa Erasmus+ para realizaren prácticas extra curriculares e de recén titulado en Portugal, Irlanda e Países Baixos.
Por primeira vez organízanse prácticas telemáticas, con empresas de Dublín que levan anos colaborando con nós.
En Irlanda tódalas empresas...
Proxectos Europeos – Informe final 2020/2021
Durante o presente ano escolar, no IES San Clemente realizáronse os seguintes proxectos europeos:
Mobilidades Erasmus+ KA116 e KA103 para a realización de prácticas e estudos no estranxeiro:
Ciclo Medio, 24 mobilidades: 10 de FCTs, 2 de recén titulados e 12 extra curriculares, todas en Portugal, con bolsa Erasmus+ KA116...
Visita de profesoras da AE Carlos Amarante
O pasado 14 de xuño tivemos a oportunidade de recibir no IES San Clemente a dúas profesoras da AE Carlos Amarante que forman parte do equipo Erasmus+ nesta institución: Maria Luz Miranda e Maria da Graça Moura Esteves.
Está en marcha unha colaboración moi importante entre...
Enlaces Rápidos




