• ?
  • Rexistro

Novo recoñecemento ao IES San Clemente

O vindeiro luns 13 de decembro de 2021 o IES San Clemente recibirá no Teatro Real de Madrid o recoñecemento á calidade dos proxectos Erasmus+ 2021 na Formación Profesional.

Este galardón do Ministerio de Universidades, a través do Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE), vén a recoñecer a nivel nacional o compromiso e o esforzo do IES San Clemente cos programas europeos co obxectivo de que o alumnado poda participar neles.

A presenza do centro nos proxectos europeos comeza ininterrompidamente desde o ano 2009, con mobilidades Erasmus de ciclos superiores, ata o día de hoxe, onde ten concedida acreditación ECHE (para institucións de ensino superior) até o ano 2027. Neste tempo, centos de alumnos e alumnas do centro poideron realizar mobilidades en países como Portugal, Irlanda, etc.

Desde o 2012 tamén participamos, co ciclo medio (con módulos en portugués e formación complementaria), en proxectos de Formación Profesional, conseguindo a Carta Erasmus+ correspondente en 2017. Cabe destacar que existen poucas institucións en España que teñan esta acreditación.

Moitos parabéns ao Equipo de Proxectos Europeos polo seu traballo!

Se desexa ter máis información sobre os proxectos europeos nos que participa o IES San Clemente pode consultar a nosa páxina web no apartado Internacional.