Ciclo Superior Desenvolvemento de Aplicacións Web. Oferta Modular

Familia profesional

Informática

Título que se obtén

Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web

Prazas ofertadas na modalidade a distancia

100 por módulo

Saídas profesionais

As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas
ou entidades públicas ou privadas, por conta allea ou por conta propia, e desem-
peñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións informáticas rela-
cionadas con contornos web (intranet, extranet e internet).

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Programador/ora web.
  • Programador/ora multimedia.
  • Desenvolvedor/ora de aplicacións en contornos web.

Duración

Nestes estudos podes elixir o número de módulos que ti entendas que podes superar cada ano segundo as túas circunstancias laborais, familiares, etc.   Todos os módulos realízanse entre os meses de setembro e xuño.  Cando teñas superados todos os módulos de FCE, poderás realizar, de outubro a decembro,  as prácticas en empresas por un total de 384 horas (máis o módulo de Proxecto).

Oferta Modular

Programacións para o curso 2024-2025

Módulos de primeiro ano

Módulos Horas
Bases de datos 187
Contornos de desenvolvemento 78
Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información 103
Programación 240
Sistemas informáticos 155
Itinerario persoal para a empregabilidade I 107
Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo 30
Inglés profesional 60

Módulos de segundo ano

Módulos Horas
Desenvolvemento web en contorno cliente 219
Desenvolvemento web en contorno servidor 273
Despregamento de aplicacións web 109
Deseño de interfaces web 219
Itinerario persoal para a empregabilidade II 50
Dixitalización aplicada aos sectores produtivos 30
Habilidades comunicativas en lingua estranxeira 60
Afondamento nas competencias profesionais 30
Proxecto intermodular 50

 

Máis Información

https://www.edu.xunta.es/fp/

#FPGalicia

 Admisión e Matrícula
 Probas acceso a ciclos
 Validacións
 Currículos dos ciclos
 Formación en Centros de Traballo
 Normativa que regula a Formación Profesional
Suplementos Europass ao título