Máster en Intelixencia artificial e Big Data (Distancia)

Familia profesional

Informática e Comunicacións

Título que se obtén

Máster en Formación Profesional en Intelixencia artificial e Big Data

Prazas ofertadas na modalidade a distancia

30

Requisitos académicos

Para acceder ao Máster en Intelixencia artificial e Big Data é necesario estar en posesión dalgún dos seguintes títulos:

    1. Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR).
    2. Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (DAM).
    3. Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web (DAW).
    4. Técnico Superior en Sistemas de Telecomunicaciones e Informáticos.
    5. Técnico Superior en Mecatrónica Industrial.
    6. Técnico Superior en Automatización y Robótica Industrial.

Organización do ciclo

Duración dun ano académico.

Módulos Horas
Big data aplicado 130
Modelos de intelixencia artificial 73
Programación de intelixencia artificial 200
Sistemas de aprendizaxe automáticos 91
Sistemas de big data 100

Pode consultar as programacións didácticas nesta ligazón.

Que se aprende a facer?

Programar e aplicar sistemas intelixentes que optimizan a xestión da información e a explotación de datos masivos, garantindo o acceso a os datos de forma segura e cumprindo os criterios de accesibilidade, usabilidade e calidade esixidas nos estándares establecidos, así como os principios éticos e legais.

 

En que ámbitos se traballa?

Empresas, públicas e privadas de todos os sectores produtivos, tanto por conta allea como propia, desempeñando o seu traballo na área de programación, infraestrutura ou consultoría.

 

Que ocupacións se desempeñan?

Desarrollador de Intelixencia Artificial e Big Data, programador de sistemas expertos, experto en Intelixencia Artificial e Big Data e analista de datos.

NOTA:

  • O máster poderá contar con algunhas actividades presenciais. O calendario destas, publicarase antes do comezo do curso.
  • A data de comezo publicarase na páxina web do centro.
  • A distribución horaria dos diferentes módulos que conforman o curso será informada pola persoa titora  no primeiro día de inicio do curso.
  • Calquera cambio ante esta previsión se vos comunicará na web do centro como unha NOVA.

Máis Información

ies.sanclemente@edu.xunta.gal

https://www.edu.xunta.es/fp/

#FPGalicia

Teléfonos: 881 867 501 – 881 867 502, Fax: 881 867 538

 Admisión
 Validacións
 Real Decreto do Curso de Especialización en Intelixencia artificial e Big Data
 Normativa que regula a Formación Profesional