Máster en Desenvolvemento de aplicacións en linguaxe Python (Distancia)
Familia profesional
Informática e Comunicacións
Título que se obtén
Máster en Formación Profesional en Desenvolvemento de aplicacións en linguaxe Python
Prazas ofertadas na modalidade a distancia
30
Requisitos académicos
Para acceder ao Máster en Desenvolvemento de aplicacións en linguaxe Python é necesario estar en posesión dalgún dos seguintes títulos:
-
- Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR)
- Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web (DAW)
- Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (DAM)
- Técnico Superior en Desenvolvemento de Proxectos de Instalacións Térmicas e de Fluídos
- Técnico Superior en Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluídos
- Técnico Superior en Sistemas Electrotécnicos e Automatizados
- Técnico Superior en Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos
- Técnico Superior en Mecatrónica Industrial
- Técnico Superior en Mantemento Electrónico
- Técnico Superior en Automatización e Robótica Industrial
- Técnico Superior en Electromedicina Clínica
Organización do ciclo
Duración: 430 horas.
| Módulos | Horas |
| Contornas e sintaxe en Python | 50 |
| Estruturas de control en Python | 80 |
| Programación orientada a obxectos | 150 |
| Análise de datos con Python | 150 |
Pode consultar as programacións didácticas nesta ligazón.
Que se aprende a facer?
Desenvolver aplicacións en linguaxe Python, optimizando a programación, seleccionando a arquitectura máis adecuada e verificando os resultados de acordo ás solucións para implementar.
En que ámbitos se traballa?
En todos os sectores económicos dedicados ao desenvolvemento de aplicacións en Python, tanto por conta allea como propia, desempeñando a actividade nas áreas de programación ou consultoría.
Que ocupacións se desempeñan?
Programadores en linguaxe Python. Creadores de aplicacións en Python. Verificadores / Depuradores de código. Programadores web. Programadores DevOps (desenvolvemento de operacións).
NOTA:
- O máster poderá contar con algunhas actividades presenciais. O calendario destas, publicarase antes do comezo do curso.
- A data de comezo publicarase na páxina web do centro.
- A distribución horaria dos diferentes módulos que conforman o curso será informada pola persoa titora no primeiro día de inicio do curso.
- Calquera cambio ante esta previsión se vos comunicará na web do centro como unha NOVA.
Máis Información
Teléfonos: 881 867 501 – 881 867 502, Fax: 881 867 538
Admisión
Validacións
Real Decreto do Curso de Especialización en Intelixencia artificial e Big Data
Normativa que regula a Formación Profesional





