• ?
  • Rexistro

Proxecto eTwinning sobre a sustentabilidade do mar

2010 – Sustainable Sea

Rio Sarela, perto do seu nacemento
Rio Sarela, perto do seu nacemento

Este proxecto utiliza o tema transversal da sustentabilidade do mar para conseguir que os alumnos participantes realicen un intercambio cultural, se comuniquen entre eles en inglés, e utilicen as TIC.

Está dirixido polo profesor Bernard Garcin, do Lycée l’Oiselet, Bourgoin-Jallieu, Francia. Leva dez años en funcionamento, traballando con centros de dentro e fora da Unión Europea (http://v2cl.free.fr/index.htm).

Cada ano levan a cabo tres proxectos con temas transversais distintos, utilizando como linguas de comunicación o inglés, o español e o alemán.

O alumnado participante de Santiago de Compostela, cursa 1º de Sistemas Microinformáticos e Redes (Ciclo Medio de FP Informática) no IES San Clemente. Trátase da primera vez que os alumnos participan nun contorno de aprendizaxe colaborativo, interactuando con compañeiros doutros países e utilizando o inglés como idioma común. Usaron unha aula virtual e unha das actividades consistiu na realización dunha enquisa, análise e posta en común dos resultados.

Destacamos como resultados do proxecto:

  1. Realización dun exercicio real de principio a fin, relacionado co módulo “Aplicacións Ofimáticas”: os alumnos enfrentáronse á situación de realizar unha enquisa, pasar os datos a unha folla de cálculo, interpretalos, crear gráficos significativos, e crear un informe final nun procesador de textos.
  2. Practicar o inglés y toma de conciencia por parte do alumnado de que é imprescindible o seu coñecemento e uso para os profesionais da informática.
Alumnos membros do equipo do IES San Clemente:
  • Pedro Abalo Costa
  • Lara Vázquez Caamaño
  • Alberto Rey Rey
  • María José Suárez Varela
  • David Anta Cacharrón
  • Francisco Alonso Rodíguez
  • Mª Cristina Liñares García
  • Mª Teresa Balo Martínez
  • Sarai Cordo Fontáns