Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes. Oferta Modular
Familia profesional
Informática
Título que se obtén
Técnico en Sistemas Microinformáticos e Redes
Prazas ofertadas na modalidade a distancia
50 por módulo
Saídas profesionais
Estas persoas exercen a súa actividade nomeadamente en empresas do sector de servizos dedicadas á comercialización, á montaxe e á reparación de equipamentos, redes e servizos microinformáticos en xeral, como parte do soporte informático da organización, ou en entidades de calquera tamaño e calquera sector produtivo que utilicen sistemas microinformáticos e redes de datos para a súa xestión.
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Técnico/a instaladora/a ou reparador/a de equipamentos informáticos.
- Técnico/a de soporte informático.
- Técnico/a de redes de datos.
- Reparador/a de periféricos de sistemas microinformáticos.
- Comercial de microinformática.
- Operador/a de teleasistencia.
- Operador/a de sistemas.
Duración
Nestes estudos podes elixir o número de módulos que ti entendas que podes superar cada ano segundo as túas circunstancias laborais, familiares, etc. Todos os módulos (incluídos os de segundo ano) realízanse entre os meses de setembro e xuño. Cando teñas superados todos os módulos de FCE, poderás realizar, de outubro a decembro, as prácticas en empresas por un total de 410 horas.
Oferta Modular
Programacións para o curso 2024-2025
Módulos de primeiro ano
Módulos | Horas |
Montaxe e matemento de equipamentos | 206 |
Sistemas operativos monoposto | 160 |
Aplicacións ofimáticas | 184 |
Redes locais | 213 |
Itinerario persoal para a empregabilidade I | 107 |
Inglés profesional | 60 |
Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 |
Módulos de segundo ano
Módulos | Horas |
Sistemas operativos en rede | 219 |
Seguridade informática | 219 |
Servizos en rede | 219 |
Aplicacións web | 163 |
Itinerario persoal para a empregabilidade II | 50 |
Dixitalización aplicada aos sectores produtivos | 30 |
Habilidades comunicativas en lingua estranxeira | 60 |
Afondamento nas competencias profesionais | 30 |
Proxecto intermodular | 50 |
Máis Información
Admisión e Matrícula
Probas acceso a ciclos
Validacións
Currículos dos ciclos
Formación en Centros de Traballo
Normativa que regula a Formación Profesional
Suplementos Europass ao título