• ?
  • Rexistro

Working together in Europe

Durante o curso 2015-16 alumnos de varios cursos dos ciclos superiores en réxime ordinario, principalmente segundo de ASIR, participaron no proxecto e-twinning «Working together in Europe: creating a job search guide».

O principal obxectivo deste proxecto foi que alumnos de formación profesional de distintos países mellorasen nas súas habilidades na busca de emprego e na iniciativa empresarial.

Os alumnos de segundo curso de ASIR interaccionaron con alumnos doutros lugares e países, utilizando a lingua inglesa, e intercambiaron ideas acerca de temas actuais relacionados co obxectivo mencionado. Exemplos dalgunhas das actividades realizadas son a práctica do «discurso do ascensor» ou «elevator pitch», estudo sobre as «start-ups» e a participación en redes de emprego e empresas como «linked-in». O resultado da participación neste proxecto europeo foi moi satisfactorio.

O seguinte enlace permite acceder á interface pública deste proxecto: Working Together in Europe