• ?
  • Rexistro

eTwinning

eTwinning naceu en 2005 como a iniciativa máis importante do Programa de aprendizaxe eLearning da Comisión Europea e dende o 2014 forma parte de Erasmus+, o programa da Unión Europea en materia de educación, formación, xuventude e deporte.

etwinningO profesorado dos países participantes pódese inscribir e utilizar as ferramentas web de eTwinning para atoparse, coñecerse virtualmente, intercambiar ideas e prácticas, formar grupos, aprender xuntos nos encontros didácticos e traballar en proxectos.

Por décimo cuarto ano, o noso centro foi galardoado co Selo de Calidade, nesta ocasión polo excelente traballo realizado no proxecto “SOLE – Perguntar não ofende, engrandece”. Nas dúas primeiras edicións dos “eTwinning School Labels” concedéronos o Selo de Centro eTwinning para os anos 2018 a 2022 como recoñecemento ao traballo en equipo. Tamén recibimos recentemente o premio na competición nacional eTwinning España 2020.

Ademais, obtivemos outros premios: eLearning Awards 2010, competición nacional eTwinning España 2011 e competición europea eTwinning 2013.
Estes premios supoñen un recoñecemento do traballo do profesorado e do alumnado dos ciclos DAI, DAM, SMR e ASIR do IES San Clemente.

Alén diso, o instituto participa activamente na labor de difusión e asesoramento da Embaixada eTwinning Galicia