• ?
  • Rexistro

FCT no estranxeiro: preguntas frecuentes

Actualizado a 02.10.18

Pódese realizar a FCT no estranxeiro sen gozar dunha bolsa Erasmus+?

Si, pódese realizar con fondos propios. A Consellaría de Educación concede unha axuda que se cobra seis meses despois de finalizar o período de prácticas.

 

Pódense realizar prácticas no estranxeiro despois de finalizar o ciclo?

Si, no período dun ano desde a data da avaliación final. Neste caso as prácticas son extra curriculares (non se trata da FCT) e o seguro da Consellaría de Educación non as cobre. Na asignación destas prazas terá prioridade o alumnado que non fixese a FCT con bolsa Erasmus+ e atenderanse os criterios de selección publicados.

 

Pódense realizar prácticas non curriculares no estranxeiro antes de finalizar o ciclo?

Si, por exemplo no verán despois de finalizar o primeiro curso dun ciclo. Neste caso as prácticas son extra curriculares (non se trata da FCT) e o seguro da Consellaría de Educación non as cobre. A asignación destas prazas está condicionada a que non as soliciten outros alumnos para faceren a FCT. Atenderanse os criterios de selección publicados.

 

Cales son os seguros e as coberturas?

O alumnado que realiza a FCT está cuberto por un seguro da Consellaría de Educación, para accidentes e responsabilidade civil no posto de traballo.

É obrigatorio viaxar coa Tarxeta Sanitaria Europea para o caso de doenza.

Este alumnado pode contratar pola súa conta un seguro privado adicional que cubra estas e outras continxencias fóra do posto de traballo.

Por outra parte, o alumnado que realiza prácticas extra curriculares terá un seguro privado pago polo IES que cobre doenza, accidentes e responsabilidade civil dentro e fóra do posto de traballo.

 

Hai límite de idade?

Non.

 

É importante que o meu titor ou titora saiba que teño interese en realizar a FCT no estranxeiro?

Si.

 

Podo realizar a FCT en calquera destino?

O centro propón Erasmus+ como continuación das seccións bilingües en portugués e inglés que se imparten en ciclo medio e ciclos superiores respectivamente, de aí que os destinos típicos sexan Lisboa e Dublín.

De todas formas, xa que non todo o alumnado cursa unha sección bilingüe, pódese consultar a posibilidade de realizala noutros destinos, para o que é imprescindible ter unha competencia aceptable na lingua propia do país en cuestión. Para valorar esta competencia farase un exame escrito e oral de lingua estranxeira.

 

Cando se solicita?

O alumnado e ex alumnado pode solicitar a súa praza en calquera momento a cubrindo este formulario.

Porén, hai dúas datas importantes para a asignación de prazas para a FCT:

  • Para o alumnado de ensino ordinario: 31 de outubro, para realizaren a FCT en primavera do ano seguinte.
  • Para o alumnado de ensino modular e distancia: 31 de xaneiro, para realizaren a FCT en outono do mesmo ano.

Publícanse regularmente recordatorios no apartado Novas de Proxectos Europeos.

 

Cando se sabe se es seleccionado/a?

No caso da FCT, despois das datas sinaladas no apartado anterior:

  • Se houber menos solicitudes que prazas: cando finalice o prazo. O resto de prazas fican dispoñibles para outros candidatos (FCT, extra curriculares e recén titulados).
  • No caso de haber máis solicitudes que prazas: pouco antes de realizar a FCT farase unha proba de lingua estranxeira. Despois ordénanse segundo os criterios de selección e publícase a lista de seleccionados. Até a data de avaliación non é posible saber quen foi seleccionado/a con certeza.

As bolsas restantes (non asignadas despois desas datas sinaladas) asígnanse por orde de solicitude, sempre respectando o indicado na páxina de criterios de selección.

 

Erasmus+ inclúe algún tipo de curso de idiomas no país de destino?

Non. Só contempla a posibilidade de realizar un curso en liña a través da plataforma OLS.

 

A formación lingüística en orixe é só para o alumnado seleccionado?

Non, é para todos os solicitantes de bolsa Erasmus+. Normalmente realízase durante o ano académico, antes da selección de participantes. Para certas linguas existe unha aplicación en liña para a aprendizaxe de linguas (OLS) que substitúe o curso presencial.

 

Cal é o papel do IES San Clemente?

O centro desempeña o papel de socio de envío: selección de participantes, preparación lingüística e cultural en orixe, xestión da documentación, pagamentos e seguro; titoría, certificación mediante Europass Mobility, avaliación do proxecto e divulgación dos resultados.

Contamos con socios intermediarios tanto en Lisboa como en Dublín, coas seguintes funcións: axuda na organización do aloxamento, recepción, selección de empresas, seguimento e atención a participantes, información a titores, avaliación do proxecto e divulgación dos resultados.

 

Cales son as obrigas do alumnado?

  • Busca de empresa. Por exemplo: NetEmpregos, Eramus Intern, Jobs.ie, etc.
  • Xestión da viaxe e do aloxamento.
  • Participar nas actividades de difusión.
  • Realizar o informe final e os tests inicial e final de idioma.

 

Cales son as contías das axudas?

FCT de Ciclo Medio – Portugal:

  • Erasmus+: Sobre 4 200 € (80% antes da mobilidade).
  • Consellaría de Educación: 1 350 € – Incompatible con Erasmus+.

 

FCT de Ciclos Superiores (ano lectivo 18/19):

  • Cálculos para Reino Unido / Irlanda:
    • Axuda Erasmus+: 1000 euros
    • Axuda IES: 700 euros
    • Axuda Xunta: 840 euros
    • Total: 2540 euros
  • Cálculos para Portugal / Alemaña:
    • Axuda Erasmus+: 900 euros
    • Axuda IES: 700 euros
    • Axuda Xunta: 666 euros
    • Total: 2266 euros
  • O alumnado sen bolsa Erasmus+ tamén pode realizar a FCT no estranxeiro coa axuda da Consellaría de Educación:
    • Irlanda / Reino Unido – 1 575 € (incompatible con Erasmus+).
    • Portugal / Alemaña – 1 250 € (incompatible con Erasmus+).
  • Importante:
    • Todas estas axudas son para pagar a viaxe, a manutención e aloxamento.
    • As axudas Erasmus+ cóbranse: 80% antes da mobilidade e 20% despois da mobilidade.
    • As axudas da Xunta cóbranse entre catro e seis meses despois da mobilidade, pero o IES pode facer un préstamo equivalente ao alumnado, se for preciso.
    • 100 €/mes adicionais para beneficiarios da bolsa xeral do MECD durante o ano 17/18.
    • As mobilidades extra curriculares e de recén titulados só reciben a “Axuda Erasmus+”.
    • Os importes varían dunha convocatoria a outra.
    • Consultar outros destinos.

 

As axudas son compatibles con outras fontes de financiamento?

Do lado de Erasmus+, son compatibles con outras bolsas e con remuneración da empresa (ver nesta páxina o documento “preguntas frecuentes”).

O feito de trasladarse ao estranxeiro implica que non sexa posible cobrar prestacións por desemprego.

 

Canto dura a mobilidade?

A FCT en empresa dura exactamente 11 semanas. Pódese viaxar uns días antes do inicio e regresar uns días despois do fin.

As prácticas extra curriculares duran un mínimo de 1 mes para ciclo medio e 2 meses para ciclos superiores.

 

Cal é o límite de bolsas que se poden conceder á mesma persoa?

Pódense desfrutar até 12 meses (continuos ou descontinuos) en total para prácticas de ciclo medio (incluídas as feitas noutros ciclos, noutros centros) e 12 meses para prácticas de ciclos superiores (de calquera ciclo, en calquera centro).

 

Podo volverme atrás en calquera momento?

É posible renunciar á praza pero hai que tentar evitalo porque pode ser prexudicial para outros candidatos ou para a relación que o IES San Clemente ten coas empresas.
Quen teña unha praza asignada e non poida desfrutala (por renuncia, por suspender, etc.) e queira solicitala de novo noutra convocatoria, pasará ao final da lista.
Se durante a realización da mobilidade alguén abandona, ten que devolver integramente o diñeiro da bolsa.

 

Teño outras dúbidas. A quen podo preguntar?

Podes escribir un email a erasmus@iessanclemente.net