• ?
  • Rexistro

Criterios de selección de participantes nas mobilidades Erasmus+

Actualizado a 16.09.20

O programa europeo Erasmus+ financia a realización de prácticas (FCT, extra curriculares e de recén titulados) e estudos (só para SMR) no estranxeiro.

Requisitos básicos para gozar dunha bolsa Erasmus+

  • Alumnado que curse estudos nos que se ofrezan clases de lingua estranxeira complementarias: asistencia ás mesmas, excepto quen teña certificado oficialmente un nivel B2 ou superior na lingua estranxeira (B1 no caso do portugués).
  • Manter unha actitude positiva coa filosofía de internacionalización do centro e un comportamento correcto co profesorado e co resto do alumnado.

Prioridades para a asignación de bolsas Erasmus+

  1. 1º – Alumnado que realice a FCT.
  2. 2º – Prácticas extra curriculares.
  3. 3º – Prácticas de recén titulado.

Se houbese varias solicitudes para o mesmo tipo de mobilidade, ten prioridade quen non teña gozado anteriormente dunha bolsa Erasmus+ para ese tipo de mobilidade.

Selección de participantes

Se, tras aplicar os criterios anteriores, fose necesario realizar selección, asignarase unha puntuación máxima de 10 a cada participante en base ó seguinte:

  • Expediente académico: 4 puntos.
  • Coñecemento do idioma: 2 puntos.
  • Asistencia ás actividades de preparación: 2 puntos.
  • Valoración do equipo educativo (actitude, motivación, expectativas, traballo en equipo): 2 puntos.

Prácticas extra curriculares

  • O equipo docente do ciclo, xunto co Departamento de Orientación, decidirá se as persoas candidatas están o suficientemente preparadas como para realizar este tipo de prácticas.
  • Para tomar esta decisión, o profesorado tamén terá en conta a nota media de expediente.
  • Como norma xeral, só se poden realizar unha vez ao longo do ciclo.

Covid-19

Mentres dure a situación de incerteza causada pola pandemia da Covid-19, para garantir que todo o alumnado que o desexe poida participar nalgún tipo de experiencia Erasmus+, terán prioridade aquelas persoas que nunca tivesen participado en Erasmus+ independentemente do tipo de mobilidade.

Máis información sobre Erasmus+
Preguntas frecuentes