"Más de 1.700 estudiantes y 124 docentes de 23 centros utilizan la plataforma de educación a distancia del IES San Clemente."
Ler o artigo
Reinicio da actividade lectiva presencial, con caracter voluntario, nos 2º cursos dos ciclos formativos
En cumprimento da Resolución do 22/05/2020, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, o IES San Clemente retomará a partir do luns día 25 a actividade lectiva, con carácter voluntario, para o alumnado de 2º cursos de ciclos formativos de grao superior e de grao medio.
O horario de...
Exames finais do Bacharelato
A Circular 5/2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, que regula as ensinanzas de bacharelato para persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia, establece o carácter presencial das probas de avaliación que teñan lugar durante o curso.
Como consecuencia da situación sanitaria, a Dirección Xeral...
33º Concurso Literario – Fallo do xurado
O xurado do 33º Concurso Literario do IES San Clemente acordou conceder os seguintes premios.
Modalidade relato:
1º premio (125 €): Superei, supereime e volvín a ser eu de Nerea García Porto (2BachCiencias)
2º premio (100 €): Otto H. Frank de Juan Carlos Fernández Insua (2BachHumanidades)
Accésit (30 €): Vida Nova...
Unha homenaxe ás deportistas galegas
O alumnado do IES San Clemente en colaboración co IES Ordes e IES de Arzúa, elaboraron unha moi completa presentación sobre deportistas galegas de distintos ámbitos: fútbol gaélico, traíñas, ciclismo, atletismo, natación, vela... entre outros deportes.
Dende aquí, agradecemos a súa colaboración ao alumnado participante, posto que é esencial visibilizar...
10º Concurso Europeo de Marcapáxinas – Fallo do xurado
O xurado do 10º Concurso Europeo de Marcapáxinas acordou conceder os seguintes premios, con varios accésits:
1º premio (100 €): Laura Ferreiro Adrio - IES San Clemente, Santiago de Compostela.
2º premio (75 €): Noa Rey Fernández - IES Cosme López Rodríguez, A Rúa.
3º premio (50 €): Paulo...
Exames finais da ESA e do Bacharelato
Nas aulas virtuais das respectivas materias tedes publicadas as adaptacións das programacións, acompañadas por instrucións do profesorado, indicando os estándares de aprendizaxe "imprescindibles" sobre os que tratarán os exames finais das materias de bacharelato e dos ámbitos da ESA, así como os criterios de avaliación e cualificación.
No bacharelato, o...
Día de Europa 2020
Se a situación fose outra, o alumnado da sección bilingüe de 1ASIR e do ciclo Estrela PluriFP (ambos en portugués) celebraríamos o Día de Europa & eTwinning Day como no ano pasado, visitando un centro socio de Portugal. O proxecto no que traballamos neste ano é Letras Galegas 2020...
Retomamos o Certame de Fotografía “Mulleres na sombra”
B A S E S
1.- O obradoiro de igualdade do IES San Clemente convoca o 1º Certame Fotografía “MULLERES NA SOMBRA”.
2.- Poderán participar todos os membros da comunidade educativa(alumnado, profesorado e PAS).
3.- As fotografías deberán ser orixinais, inéditas e deberán difundir e transmitir unha imaxe positiva sobre a participación...
O meu ano no IES San Clemente
Levo traballando como Auxiliar de Conversa durante varios anos; pero teño que dicir que o meu primeiro ano no IES San Clemente está a ser unha das miñas mellores experiencias ata o de agora. Foi o meu primeiro ano traballando nunha escola de FP, o que trouxo numerosos cambios...
Enlaces Rápidos




