• ?
  • Rexistro

Información sobre a Proba Libre de Bacharelato do 3 de setembro de 2020.

A Proba para a obtención do título de Bacharel para maiores de vinte anos convocada segundo a Resolución do 20 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, celébrase o 3 de setembro de 2020 no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

O alumnado deberá vir provisto de máscara e seguir tanto o protocolo que se inclúe ao pé desta información como as instrucións do profesorado que o examine. Achégase igualmente unha enquisa de autoavaliación clínica Covid-19 para que a persoa aspirante a lea con anterioridade ao día da proba e proceda responsablemente*.

O horario dos exames inclúense a seguir. O alumnado non poderá permanecer no centro no tempo que quede libre entre as distintas partes da proba. Nese tempo procederase á hixienización das aulas.

A listaxe provisional das cualificacións publicarase o 08/09/20. O prazo de reclamacións ás cualificacións abrangue do 09/09/20 ao 10/09/20. A publicación da listaxe definitiva das cualificacións terá lugar o 11/09/20.

O horario das probas é o que aparece a continuación:

Chamamento para o acceso aos espazos de realización da Proba: entre as 8:15 e as 8:30.

As persoas aspirantes identificaranse debidamente co DNI, pasaporte ou calquera outro documento legalmente recoñecido que acredite a identidade e a idade da persoa aspirante.

De 8:30 – 11:30

PARTE 1 e 2:

Lingua Galega e Literatura I e II

Lingua Castelá e Literatura I e II

De 12:00 – 13:30

PARTE 3:

Inglés I e II

Francés I e II

De 13:30 – 14:30

PARTE 4:

Filosofía e Historia de España


TARDE

De 16:30 – 18:0

PARTE 1:

Matemáticas I e II (CIENCIAS)

Latín I e II (HUMANIDADES)

Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I e II (CIENCIAS SOCIAIS)

De 18:00 – 19:00

PARTE 2:

CIENCIAS                                      HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS


 

Física e Química e Física                                                                                                            Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía

Física e Química e Química         Economía e Economía da Empresa

Debuxo Técnico I e II                    Grego I e II

De 19:30 – 20:30

PARTE 3:

CIENCIAS                                         HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS


 

Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía       Literatura Universal e Historia da

Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía      Filosofía

 

* Documentos achegados para consulta da persoa aspirante: 

protocolo-exames-distancia-covid

1201781_enquisa-autoavaliacion-clinica-covid-19