• ?
  • Rexistro

Revisións e reclamacións de bacharelato – setembro 2020

As revisóns da avaliación extraordinaria de bacharelato terán lugar os días 4 e 7 de setembro, de acordo co seguinte procedemento:

1. As cualificacións finais de bacharelato publicaranse na aula virtual do IES San Clemente o día 4 de setembro ás 14.00 horas.

2. O alumnado que considere que non foi avaliado obxectivamente poderá reclamar ante o profesorado da materia correspondente, preferentemente de xeito telefónico ou telemático, os días:

    • 4 de setembro, de 17:00 a 20:00 horas
    • 7 de setembro, de 9:00 a 12:00 horas 

No caso de que algún alumno ou alumna desexe facer a revisión presencial, deberá poñerse en contacto previamente por teléfono ou mensaxería da aula virtual co profesor ou profesora responsable do exame. As solicitures de revisión non presenciais deberán axustarse ao formato do modelo de solicitude de revisión.

O alumnado de materias 2º de bacharelato que non estea conforme co resultado da revisión, poderá:

1. Presentar instancia dirixida á dirección, solicitando que o departamento da materia correspondente revise a súa cualificación. O prazo para a presentación da instancia remata o día 7 de setembro ás 13:00 horas. A instancia pódese descargar AQUÍ ou solicitala na oficina do centro.

2. O alumnado que solicite que o departamento revise a súa cualificación deberá ter o seu móbil operativo de 14:00 a 15:00 horas do mesmo día 7 de setembro para recibir a chamada da directora notificándolle a resolución do departamento correspondente.

3. A directora, na súa chamada, informaralle ao alumnado afectado que se non está conforme coa resolución do departamento, poderá presentar reclamación ante a Comisión de supervisión ata as 17:00 horas do día 7 de setembro. A instancia pódese descargar AQUÍ ou solicitala na oficina do centro.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2020