• ?
  • Rexistro

Exames da ESA setembro 2020

Os exames finais extraordinarios do 2º cuadrimestre da ESA, terán lugar o martes 8 de setembro de forma presencial, únicamente no IES San Clemente de Santiago, co seguinte horario:

  • 9,30 a 10,30 – Ámbito Social
  • 10,50 a 12,00 – Ámbito Científico-tecnolóxico
  • 12,30 a 14,00 – Ámbito de Comunicación

O alumnado deberá seguir as medidas hixiénicas e de seguridade que se indiquen, entre elas:

  • Non se poderá entrar no centro con máis de 10 minutos de marxe.
  • A entrada á aula farase 5 minutos antes do exame e dedicaranse uns minutos á desinfección do posto.
  • O alumnado deberá vir provisto de máscara e de todo o material necesario. Non se poderá compartir material.
  • No tempo entre exames non se poderá permanecer no centro.

A revisión será preferentemente telefónica ou telemática, no seguinte horario:

  • Día 10 de 17:00 a 20:00
  • Día 11 de 10:00 a 13:00

No caso de que algún alumno ou alumna desexe facer a revisión presencial, deberá poñerse en contacto previamente por teléfono ou mensaxería da aula virtual co profesor ou profesora responsable do exame.