No ano 2022/2023 organizamos por segunda vez o exame de certificación "Camões Júnior", do Instituto Camões.
Trátase dunha certificación oficial externa de portugués para alumnado menor de idade e ANEE.
Nesta ocasión participaron once estudantes de SMR e ASIR, dos cales certificaron: tres nivel A1, catro o A2 e dous o...
Mobilidades para prácticas no estranxeiro – SMR – Difusión 2023
No día 13.09.23 contamos coa presenza do alumnado e ex alumnado do ciclo medio SMR, que compartiron a súas experiencias de vida, estudos e traballo en institutos de FP e empresas de Braga, Porto e Lisboa, realizando mobilidades extra curriculares de verán.
Grande parte deles aínda están a cursar o...
Selos de calidade eTwinning 2023
O profesorado e alumnado dos ciclos PluriFP en Portugués SMR e ASIR, participantes no proxecto SOLE, co seu magnífico traballo, conseguiron que as avaliadoras do Servizo Nacional de Apoio (INTEF, Ministerio de Educación) nos concedesen o selo de calidade.
Parabéns!!
MATRÍCULA NO BACHARELATO PARA PERSOAS ADULTAS A DISTANCIA
INSTRUCIÓNS CURSO 2023/2024
Prazo de matriculación
Do 1 de setembro ao 20 de setembro de 2023, ambos incluídos.
O alumnado que remate estudos de educación secundaria para persoas adultas no mes de febreiro poderá realizar a matrícula do 15 ao 29 dese mesmo mes.
Ata o 26 de abril de 2024,...
MATRÍCULA NA EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS A DISTANCIA
INSTRUCIÓNS CURSO 2023/2024
Prazo de matriculación
A inscrición para acceder a calquera dos módulos das ensinanzas de educación secundaria a distancia para persoas adultas na modalidade telemática será:
a) Para o primeiro cuadrimestre, desde o 1 de setembro de 2023 ata o 12 de xaneiro de 2024.
b) Para o segundo cuadrimestre, desde...
Horario de verán – Agosto 2023
Durante o mes de agosto de 2023, o IES San Clemente e a súa oficina abrirán en horario de 10:00 a 13:00.
O centro permanecerá pechado do 14 ao 25 de agosto.
Listaxe definitiva de alumnado admitido e excluído na proba libre da ESA (Convocatoria de setembro 2023)
Hoxe publícase a listaxe definitiva de alumnado admitido para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, incluíndo os ámbitos validados.
Proba Libre Grupo A
Proba Libre Grupo B
Exención lingua galega PL ESO
Cursos CISCO setembro 2023 na Aula Mentor
Informámosvos de que a partir do 17 de xullo de 2023 comeza o período de matrícula nos cursos CISCO na Aula Mentor até o próximo 7 de setembro.
Os cursos dispoñíbeis son:
CCNA v7 módulos 1, 2 e 3.
CCNA CyberOps Associate.
Dev Net v1.
Máis información e como realizar a...
Listaxe provisional de admitidos e excluídos na proba libre da ESA (Convocatoria de setembro 2023)
Hoxe publícase a listaxe provisional de admitidos para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, incluíndo os ámbitos validados.
De acordo coa lexislación vixente, haberá un prazo de reclamación de tres días hábiles (17, 18 e 19 de xullo)
Proba Libre Grupo A
Proba...
Horario de verán
O IES San Clemente e a súa oficina abren durante o mes de xullo, de 9:00 a 14:00.
Enlaces Rápidos




