• ?
  • Rexistro

Alumnado do Lycée Antoine Bourdelle en prácticas en Santiago de Compostela

Grazas á magnífica colaboración que establecimos recentemente co Lycée Antoine Bourdelle, de Montauban, en Francia, tres dos seus alumnos/as están realizando prácticas en Santiago de Compostela a través do programa Erasmus+.

Son Maud, Sanaya e Mattias. Chegaron o 4 de xaneiro, acompañados pola profesora Amandine.

Recibímolos encantados no noso IES o luns día 8, tanto profesorado como alumnado. Visitaron as instalacións e estableceron contacto con algúns dos nosos alumnos, que lles axudarán a disfrutar aínda máis da súa estadía na nosa cidade.