• ?
  • Rexistro

Job Shadowing 2023/2024

O IES San Clemente oferta bolsas Erasmus+ para realizar un Job Shadowing nun centro educativo ou nunha empresa, fóra do estado español, nun país da Unión Europea.

Duración: 5 ou 7 días, viaxe incluída.
Finalidade: desenvolvemento profesional do persoal docente así como o desenvolvemento das institucións implicadas. Debe enmarcarse nun enfoque estratéxico das organizacións participantes.

Destinatarios: profesorado de todos os ciclos.

Aplicaranse os seguintes criterios de valoración e selección, na orde de prioridade indicada a continuación:

  1. Profesorado/persoal que colabore na xestión dos proxectos europeos do centro.
  2. Profesorado que presente un proxecto xustificando a súa visita en beneficio do noso alumnado.
  3. En caso de empate, terá prioridade o profesorado/persoal que non teña participado nunha mobilidade Job Shadowing nos 12 meses previos a esta convocatoria.

As solicitudes fóra de prazo non serán tidas en conta.

O profesorado que estea interesado, debe solicitar formar parte do proceso de selección antes do 20 de novembro, escribindo a erasmus@iessanclemente.net