Erasmus+
O programa da Comisión Europea, “Erasmus for all” ou “Erasmus+”, substitúe todos os programas previos (Comenius, Erasmus, Leonardo da Vinci, Grundtvig, Xuventude en Acción, etc.) desde o ano 2014.
01.06.22
O IES San Clemente participa en Erasmus+ como socio de envío, para o alumnado de FP Informática realizar prácticas no estranxeiro (módulo de FCT ou prácticas extra curriculares) e para o ex alumnado, prácticas dentro do ano posterior á titulación. O profesorado tamén pode participar en mobilidades job shadowing.
Temos varios proxectos KA1 activos con prazas para todo o alumnado interesado de ciclos superiores, ciclo medio e profesorado.
No caso da FCT, existe outra alternativa de financiamento para realizar as prácticas no estranxeiro: a axuda da Consellaría de Educación.
O alumnado e ex alumnado pode solicitar a súa praza en calquera momento cubrindo este formulario.
Pode obter máis información nas seguintes ligazóns:
Información do IES San Clemente
Información xeral e documentación sobre proxectos europeos
FAQ! – FCT no estranxeiro: Preguntas Frecuentes
Criterios de selección de participantes nas mobilidades Erasmus+
Curriculum Europass
Suplementos Europass ao título
Proxectos Europeos: Novas
Recoñecemento do SEPIE ao IES San Clemente, ano 2021
Blogue dos participantes: EixoTIC
Experiencias do alumnado Erasmus+
Información institucional
Portal da Comisión Europea – Erasmus+
SEPIE (España)
Tríptico xeral sobre Erasmus+, Mobilidades para alumnado, Mobilidades para docentes
Guía rápida sobre Erasmus+
Guía do programa Erasmus+
Guía detallada sobre Erasmus+
Carta do estudante Erasmus+ (2014-2020)
Carta do estudante Erasmus+ (2021-2027)
Twitter: #ErasmusPlus Facebook: Erasmus+
As prácticas no estranxeiro están cofinanciadas polo programa Erasmus+ da Unión Europea. O IES San Clemente é o responsable único do contido desta web. Nin a Comisión Europea nin o SEPIE son responsables do uso que poida facerse desta información.

O IES San Clemente ten asinados acordos de colaboración en materia de Erasmus+ cos seguintes centros educativos:
- INETE, Lisboa, Portugal.
- AE Carlos Amarante, Braga, Portugal.
- Fundação Alentejo, Évora, Portugal.
- Fondazione ITS per le tecnologie dell’informazione e della comunicazione, Torino, Italia.
E tamén colabora con estes centros:
- Colaiste Dhulaigh College of Further Education, Dublín, Irlanda.
- KBS, Nordhorn, Alemaña.
- ETAP, Viana do Castelo, Portugal.