• ?
  • Rexistro

Aula de Capacitación Dixital

Características

Formación gratuíta, non reglada, de 30 horas de duración.

Haberá distintas datas de comezo durante o ano.

Entregarase certificado de asistencia e aproveitamento.

Organización do curso

Horario: de 10h a 13h durante dúas semanas, de luns a venres.

Datas das próximas convocatorias:

  • Do luns 3 de xullo ao venres 14 de xullo de 2023
  • Do luns 17 de xullo ao venres 28 de xullo de 2023
  • Do luns 31 de xullo ao venres 11 de agosto de 2023

Inscrición

Pode apuntarse chamando aos teléfonos 881 867 501 – 881 867 502, ou enviando un correo ao enderezo ies.sanclemente@edu.xunta.gal con seguinte información:

  • Nome completo.
  • DNI
  • Número de teléfono.
  • Datas nas que desexa realizar o curso.

Requisitos

Pode acceder calquera persoa que non estea cursando estudos dentro do sistema educativo.

As accións formativas están dirixidas principalmente aos seguintes colectivos:

  • Mulleres.
  • Traballadores de baixa cualificación.
  • Traballadores maiores de 45 años.
  • Traballadores con discapacidade.
  • Persoas pertencentes a fogares monoparentais.
  • Traballadores desempleados.

Que se aprende a facer?

  • Atopar información e contidos en contornas dixitais. Buscar e identificar recursos dixitais para ampliar coñecementos. Utilización do buscador de Google.
  • Conectar e colaborar con outras persoas a través de ferramentas dixitais. Utilización do correo electrónico GMail e do calendario de Google. Ferramentas de comunicación: Teams, Skype, Slack, etc.
  • Comunicar en comunidades virtuais. Interactuar e participar en comunidades e redes. Utilización de redes sociais para aprender e ensinar: Facebook, Instagram, Youtube.
  • Compartir recursos en Internet empregando as ferramentas apropiadas. Utilización de blogues e de wikis para creación de contigo en liña. Netiqueta.
  • Crear contidos dixitais propios, coñecendo as licenzas de uso de materiais de terceiros, e aplicando os dereitos de propiedade intelectual. Ferramentas de procesamento de textos, follas de cálculo e elaboración de presentacións.
  • Decidir sobre as ferramentas dixitais máis axeitadas en función do propósito ou da necesidade. Empregar medios dixitais para a resolución de problemas.
  • Protexer a información e os datos persoais. Identificar xeitos de protexer dispositivos e contidos dixitais, diferenciando ameazas e riscos en contornas dixitais.

 

Máis información

ies.sanclemente@edu.xunta.gal

Teléfonos: 881 867 501 – 881 867 502

 Orde EFP/440/2023 creación rede de Centros de Capacitación Dixital
 Faite dixit@l!