• ?
  • Rexistro

Pek, the Traveller Flea #3

 

Neste ano, Pek inicia a súa viaxe en Río de Xaneiro, Brasil. El é quen de atravesar o océano e descubrir novas persoas e tradicións. Mais, despois dunha viaxe a este novo mundo, regresa a Europa nun medio de transporte divertido e revolucionario…

Pek3Pek, a Pulga Viaxeira, é un proxecto eTwinning (que forma parte de Comenius, o programa da UE para o ensino escolar). O resultado final é un libro de banda deseñada, feito por varios centros europeos, publicada en todas as súas linguas, en PDF, web e papel.

O equipo de alumnos do IES San Clemente está formado polos seguintes estudantes de 1º SMR: Iván Otero López, Patricia Picón Otero, Alfonso Padín Solla, Gonzalo Busto Musi, Jose Luis Rego Rodríguez, Daniel Vieites Varela, Leonel Lado Silvino, Daniel Codesido Pereiro, Iago Arthaud Meije. 

Profesores: Marcos Vence Ruibal Xosé G. Ucha.

(Toda a información foi publicada nas ferramentas Twinblog e New-TwinSpace que foron desactivadas polo Servizo Central de Apoio).

Máis información en:

Issuu
YouTube
Premio Europeo eTwinning
eTwinning Camp en Croacia