• ?
  • Rexistro

Entrega do premio europeo eTwinning 2013

Do 14 ao 16 de marzo celebrouse en Lisboa a conferencia anual eTwinning 2013, con presenza do profesor do IES San Clemente, Marcos Vence Ruibal, que xunto a sete compañeiras do proxecto Pek, the Traveller Flea 3, recolleu o primeiro premio europeo na categoría 16 a 19 anos.

Ademais da entrega de premios celebráronse varios obradoiros, palestras, exhibicións e mostras nos stands.

O stand do noso proxecto estaba decorado cos materiais creados polos alumnos: páxinas de comic, cuncas, marcadores e camisolas. Entre outras cousas, amosaba o proceso de creación dunha páxina de cómic, o control das versións en diferentes línguas, fotos dos alumnos, etc.

 

Máis información: