• ?
  • Rexistro

PROTECCIÓN DE DATOS NO SECTOR TECNOLÓXICO

Hoxe ás 12:05 horas no Salón de Actos, terá lugar unha charla sobre a protección de datos no sector tecnolóxico impartida polo avogado José Nogueira, de Sistemius Avogados.  

INFORMACIÓN SOBRE EMPREGO E EDUCACIÓN. BOLSAS E AXUDAS

A Guía Ti Elixes! 2016 consta de dous documentos: un directorio de fontes de información sobre emprego e educación cos recursos máis salientables nestes dous ámbitos, e unha selección das bolsas convocadas nestes dous últimos anos por entidades públicas e privadas. https://drive.google.com/file/d/0B4kxH9HDVZCbTzVsaVBCdEt0b3M/view

SELECTIVIDADE 2016

  O alumnado interesado en presentarse á Selectividade 2016, en xuño, terá que vir ao centro IES San Clemente de Santiago, o día 30 de maio a realizar a matrícula. Os exames terán lugar os días 8,9 e 10 de xuño. En breve poremos máis información ao respecto.        

FEIRA INTERNACIONAL DO ESTUDO DE POSTGRAO

A inscrición é online na páxina abaixo sinalada. Terá lugar en Santiago de Compostela o día 25 de abril, no Convento de San Francisco. Totalmente gratuita Máis información:   http://www.fiep.es/alumno

Guía de Orientación Educativa para o alumnado de Educación de Adultos

Estimado/a  alumno/a: Sabemos que, como estudante que es, estás nun momento de moitas  dúbidas, no que  che fai falla toda a  información, para poder tomar as decisións que van afectar ao teu futuro. Este documento pretende ser unha ferramenta que che axude a reflexionar e aclarar todas as cuestións sobre os...

Novidades no acceso aos Ciclos de Grao Superior

Novidades da convocatoria de probas de acceso de 2016 As persoas que posúan un título de técnico de formación profesional ou o título de bacharelato unificado e polivalente (BUP) cumpren os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior e, xa que logo, non terán que presentarse ás...

Probas de acceso a ciclos 2016

Publicados o Borrador da Orde do 2 de febreiro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2016 e o calendario das mesmas.   http://www.edu.xunta.es/fp/node/13277

Charla sobre a prevención da diabetes

Charla sobre a prevención da diabetes
O mércores 16 de decembro tivemos a sorte de ter con nos a Mª Teresa Lor Rodríguez, enfermeira de endocrinoloxía e educadora en diabetes do CHUS. Mª Teresa, fixo un percorrido pola historia da diabetes, o descubrimento da insulina e centrouse logo na enfermidade. Falou dos tipos de diabetes que...