• ?
  • Rexistro

Probas de acceso á universidade para maiores de 45 anos

Aquí pódese atopar información sobre as probas de acceso á universidade para maiores de 45 anos para a convocatoria 2017. Acceso maiores de 45 anos á Universidade Máis información: http://www.usc.es/gl/servizos/oiu/acce.html

Convocatoria para o proceso de acreditación de competencias profesionais 2017.

Publicada a Orde do 28 de decembro de 2016 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. Ligazón:

Novo acceso á Universidade.

O 23 de decembro de 2016 entrou en vigor a nova Orde ECD/1941/2016, pola que se regula a avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade no presente curso 2016-2017. Ligazón á Orde.

Corpo europeo de solidariedade

Corpo europeo de solidariedade
Esta nova iniciativa da Unión Europea ofrece oportunidades de solidariedade para xoves entre os 18 e 30 anos, baixo o formato de voluntariado, prácticas ou traballo. Pode tratarse dunha boa oportunidade para aprender linguas e ampliar o CV. "Poderán axudar a ONGs participando en proxectos nas áreas de educación, saúde,...

Axudas FCT

Publicada a Orde do 4 de novembro de 2016 pola que se fai pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo, convocadas pola Orde do 28 de abril de 2016. - Ver a Orde do 04 de novembro de 2016 - Máis información sobre...

Programa de becas fundación Amancio Ortega

OBXECTIVO: facilitar a aprendizaxe do inglés e a inmersión nunha cultura estranxeira. ALUMNOS AOS QUE VAI DIRIXIDO O PROGRAMA:  estudantes de 4º da ESO que cursarán o grao 11 ( equivalente a 1º de Bacharelato ) no curso escolar 2017/18. PAÍSES NOS QUE SE DESENVOLVE O PROGRAMA: Canadá e...

Premios Nacionais de Bacharelato 2016

Convócanse premios nacionais de Bacharelato para quen tivesen un rendemento académico excelente.  DESTINATARIOS/AS:  Alumnado que cursara segundo de Bacharelato durante o curso académico 2015-2016 e obtivese un Premio Extraordinario de Bacharelato. REQUISITOS: Ter cursado primeiro e segundo de Bacharelato en calquera dos centros docentes españois, ben en réxime presencial, ben en réxime...