• ?
  • Rexistro

Listaxes provisionais de solicitudes de probas libres. Curso 2016/2017

Publicada a listaxe provisional de solicitudes de probas libres para a obtención de títulos LOE. O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o 5 de maio ata as 13:00 horas do 9 de maio de 2017. A reclamación deberase realizar no centro onde se presentou a solicitude. Máis información...

Borrador da Orde pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2017

Borrador da Orde do 30 de marzo de 2017 pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2017, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos. Comprende dúas modalidades: Modalidade A: ciclos de grao...

Probas Libres para a obtención de títulos FP (LOE).

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no...

Probas de acceso a ciclos de grao superior. Listaxes definitivas de solicitudes e exencións. Sedes e instrucións para a súa realización

Publicadas a listaxe definitiva de solicitudes e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2017. Publicadas instrucións e a asociación de centros e sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior na...