• ?
  • Rexistro

Convocadas axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo

Convócanse as axudas económicas para o alumnado que realiza a FCT con  dous períodos de presentación de solicitudes:

  • O primeiro prazo, trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2016-marzo 2017 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2017. Todo o alumnado deste prazo deberá rematar o período da FCT antes do 31 de agosto de 2017. O alumnado a que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2017 e que anticipase o período de FCT non se acollerá a este primeiro prazo.
  • O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2017, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2017. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2017. O alumnado que teña horario flexible con autorización da dirección xeral e remate despois do 31 de decembro de 2017 acollerase á seguinte convocatoria de axudas