• ?
  • Rexistro

Matrícula do 2º cuadrimestre da ESA

Desde hoxe 6 de febreiro ata o mércores 15 de maio ábrese o prazo de matrícula para o 2º cuadrimestre da ESA a distancia. Para o alumnado que xa estivera matriculado no 1º cuadrimestre, e teña algún módulo pendente, poderá presentarse á avaliación extraordinaria do 10 de marzo e matricularse entre os días...

Vacacións de Nadal

  Nestas festas, os días 23, 26 e 30 de decembro e o día 5 de xaneiro a oficina do IES San Clemente permanecerá pechada. O resto dos días a secretaría do centro estará aberta en horario de 09:00 a 13:00 horas.  

Nova numeración telefónica

A partir deste momento entra en funcionamento a nova numeración telefónica do IES San Clemente. Teléfono Principal: 881 867 501 Fax:  881 867 538

Relatorio e obradoiro de xeoloxía de Galicia

Relatorio e obradoiro de xeoloxía de Galicia
O venres 21 de outubro tivo lugar unha charla sobre Xeoloxía de Galicia e un obradoiro de rochas, a cargo de Francisco Canosa Martínez, doutor en Xeoloxía pola Universidade de Oviedo. O obxectivo principal de ambas actividades foi dar a coñecer a riqueza xeolóxica do noso país, froito dunha longa...

Emisións en Directo das Presentacións das Ensinanzas Curso 2016-2017

Emisións en Directo das Presentacións das Ensinanzas Curso 2016-2017 Aquí poderá atopar a táboa de horas das emisións en directo das presentacións dos cursos 2016/2017 a Distancia dende o IES San Clemente. Poderá ver o video en directo da presentación a través de Youtube. Os enlaces estarán activos uns minutos antes da presentación...

Apertura aula virtual curso 2016/2017

A aula virtual das ensinanzas da ESA e o Bacharelato a distancia abrirase ao alumnado o vindeiro venres 23 de setembro. Ata o de entón, non é posible entrar nela nin rexistrarse. A Xefatura de Estudos

Cualificacións provisionais da proba libre da ESA, setembro 2016

Na seguinte ligazón publicanse  as cualificacións provisionais da proba libre da ESA celebrada no IES San Clemente o pasado 8 de setembro  de 2016. Cualificacións provisionais da proba libre para a obtención do título de ESO (convocatoria de setembro de 2016) Contra estas cualificacións poderase presentar reclamación por escrito dirixida...

Prazos de matrícula da ESA e o Bacharelato para o curso 2016/17

O IES San Clemente inicia o seu período de matrícula nas ensinanzas da ESA e bacharelato. Bacharelato a distancia  15 de setembro ao 25 de novembro do 2016 ESA a distancia  1º cuadrimestre: 1 de setembro ao 16 de xaneiro do 2017  2º cuadrimestre: 3 de febreiro ao 15 de maio do 2017 

Revisión dos exames de setembro da ESA

As notas da avaliación extraordinaria do 2º cuadrimestre da ESA publicaranse o martes 13 a partires das 14,00h. A revisión poderá facerse no IES San Clemente no seguinte horario: Mércores 14, de 10,00h a 13,00h Xoves 15, de 11,00h a 12,30h