• ?
  • Rexistro

Reclamacións de 2º de bacharelato – maio 2019

A CIRCULAR Nº2/2019 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, establece o procedemento que compre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.

Tal e como figura no calendario de bacharelato, publicado ao comezo do curso, as revisóns de 2º de bacharelato terán lugar os días 22 e 23 de maio, de acordo co seguinte procedemento:

1. As cualificacións finais de segundo de bacharelato publicaranse na páxina web aulavirtual.iessanclemente.net o día 21 de maio ás 15.00 horas.

2. O alumnado que considere que non foi avaliado obxectivamente poderá revisar o exame da materia correspondente ante o profesorado, de xeito persoal, telefónico ou telemático, no seguinte horario:

o día 22 de maio, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas
o día 23 de maio, entre as 11:00 e as 14:00 horas

As solicitures de revisión non presenciais deberán axustarse ao formato do modelo de solicitude de revisión.

3. O alumnado que non estea conforme coas explicacións do profesorado poderá presentar instancia dirixida á dirección, solicitando que o departamento da materia correspondente revise a súa cualificación. O prazo para a presentación da instancia remata o día 23 de maio ás 14:00 horas. A instancia pódese descargar AQUÍ ou solicitala na oficina do centro.

4. O alumnado que solicite que o departamento revise a súa cualificación deberá ter o seu móbil operativo de 14:00 a 15:00 horas do mesmo día 23 de maio para recibir a chamada da directora notificándolle a resolución do departamento correspondente.

5. A directora, na súa chamada, informaralle ao alumnado afectado que se non está conforme coa resolución do Departamento, poderá presentar reclamación ante a Comisión de supervisión ata as 15:00 horas do día 24 de maio. A instancia pódese descargar AQUÍ ou solicitala na oficina do centro.

Nota importante: non se terán en conta aquelas instancias que non estean baseadas nos criterios establecidos na circular arriba indicada. Como por exemplo… só me queda unha materia, por favor apróbeme…!

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2019